A Ribeira Sacra xa é Ben de Interese Cultural para optar a Patrimonio da Humanidade

A Xunta aproba tamén o plan reitor das Illas Atlánticas, que limita as visitas diarias a Ons a 1.300 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2018 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou a declaración da Ribeira Sacra como ben de interese cultural (BIC). O Goberno autonómico valorou este acordo como o "paso previo" para que a zona tamén "poida optar a entrar" na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Esta declaración afecta a 180 quilómetros cadrados de 22 concellos de Ourense e Lugo.

Vista da Ribeira Sacra
Vista da Ribeira Sacra

O Goberno galego tamén aprobou o plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que, ademais de implantar unha cota de visitantes á illa de Ons —1.300 persoas en temporada alta—, incluirá medidas como o primeiro plan de emerxencia e autoprotección do Parque e buscará "manter" a actividade pesqueira tradicional na zona a través da "eliminación" de especies invasoras.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que o plan reúne directrices "fundamentais" para a súa conservación durante a "próxima década", co obxectivo de conseguir a súa declaración como Patrimonio Mundial da Unesco.

Respecto das Illas Atlánticas, Feijóo subliñou a "complexidade" do plan director, que inclúe directrices "únicas" tendo en conta que xa teñen o visto e prace do Consello Galego de Medio Ambiente e do Consello da Rede de Parques Nacionais, órgano dependente do Goberno central.

Así, un dos puntos que inclúe o plan é a "limitación de acceso" á Illa de Ons a partir de 2019, posto que era o único arquipélago que non contaba cunha cota. Deste xeito, poderán visitar Ons unhas 1.300 persoas diarias en temporada alta —Semana Santa e do 15 de maio ao 15 de setembro—, máis 200 en grupo e outras 300 no cámping. En temporada baixa, serán como en Cíes: 450 visitas cada día.

Ademais, levará a cabo unha nova zonificación das augas que rodean aos arquipélagos e "eliminaranse" especies invasoras para "manter" as actividades pesqueiras tradicionais. Segundo o presidente da Xunta, iso permitirá "impulsar a marca de calidade" dos produtos do Parque Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta