Denuncian altas concentracións de nitratos en augas da Limia

Unhas 300 persoas acudiron ao primeiro ciclo de conferencias “Por un futuro con auga limpa”, organizadas en Xinzo por veciños e veciñas das Comarcas da Limia, a Baixa Limia e Celanova.

Por Galicia Confidencial | A Limia | 28/12/2018 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

As augas subterráneas da Limia están contaminadas. Nos últimos tres anos aumentou nun 39 por cento a concentración de nitratos nos acuíferos. Hai veciñas e veciños que están consumindo auga dos pozos sen saber que superan os 50 miligramos de nitratos por litro permitidos, non é potable.  A mesma Confederación Hidrográfica do Miño Sil recoñeceu que a orixe deste problema está nos residuos gandeiros. Así se denunciou no primeiro ciclo de conferencias “Por un futuro con auga limpa”, organizadas en Xinzo por veciños e veciñas das Comarcas da Limia, a Baixa Limia e Celanova.

Conferencias “Por un futuro con auga limpa”, organizadas en Xinzo por veciños e veciñas das Comarcas da Limia, a Baixa Limia e Celanova.
Conferencias “Por un futuro con auga limpa”, organizadas en Xinzo por veciños e veciñas das Comarcas da Limia, a Baixa Limia e Celanova.

Neste encontro expúxose que as granxas de polos, porcos e terneiros suman 75.000 UGM (unidade gandeira maior) e a galinácea, xurros e esterco que xeneran estase a ciscar polas parcelas e montes sen control. Esta producción gandeira intesiva na comarca da Limia supón unha carga equivalente á que provocarían 1.400.000 habitantes, segundo se dixo; isto é como se fose a metade da poboación de toda Galicia concentrada no un por cento do territorio galego.

Estes feitos están xa denunciados en Bruxelas e na Fiscalía.

O científico do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, o labrego e membro de MEL, o Movemento Ecoloxista da Limia, Manuel García, a empresaria turística do Xurés, Marta Delgado, e Dani Rodicio, granxeiro, explicaron con datos oficiais e documentos gráficos a situación actual deste modelo intensivo que dana o medio ambiente sen xerar riqueza nin fixar poboación no rural, afirmaron.

Tras as conferencias, abriuse un tempo de preguntas e debates. Nesta liña de diálogo e contando coa colaboración de todos os sectores implicados, a pretensión é crear a partir de hoxe unha Plataforma veciñal para seguir analizando a problemática e buscar saídas que non prexudiquen a niguén pero que permitan desfrutar ás limiás e os limiás dun dereito fundamental, o dereito a consumir auga limpa e potable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta