Prohibida a pesca na zona onde se afundiu o 'Sin Querer Dos' para facilitar a busca do mariñeiro

A Consellería do Mar tamén ordenou a retirada de todos os aparellos ata o vindeiro 1 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2018 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar ordenou, a instancias de Salvamento Marítimo, a prohibición da pesca e a retirada dos aparellos da zona de Fisterra (A Coruña) onde se afundiu o pesqueiro 'Sin Querer Dos' o pasado mércores 19 de decembro para contribuír a facilitar a localización exacta do barco e proceder ao rastrexo co que atopar ao tripulante aínda desaparecido.

Europa Press. EP
Europa Press. EP | Fonte: Europa Press

A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica emitiu unha resolución na que comunica que, "debido ás necesidades técnicas do equipo que se emprega", é necesario que a zona de procura se atope libre de aparellos e sen interferencias da actividade pesqueira.

Deste xeito, queda prohibida a pesca con calquera arte ou modalidade pesqueira desde as 15,00 horas deste venres até as 00,00 horas do 1 de xaneiro nun radio de dúas millas desde o punto onde se considera que se afundiu o pesqueiro.

As actividades de busca e rastrexo están previstas para estas datas. A resolución tamén foi comunicada ás federacións de confrarías de Galicia. Para coñecer a localización exacta do 'Sin Querer Dos' participa a embarcación 'Sebastián Ocampo' do Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar. Asemade, nas inmediacións continúan os traballos para atopar ao tripulante desaparecido no naufraxio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta