A procura do desaparecido do 'Sen Querer Dous' mantense en fase non activa este sábado

Un barco de Salvamento Marítimo permanece perto de Fisterra buscando o barco afundido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2018 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A procura do mariñeiro desaparecido do pesqueiro 'Sen Querer Dous'  está en fase non activa este sábado, aínda que Salvamento Marítimo está en alerta ante posibles avisos que poidan chegar de barcos na zona ou dos rastrexos que se producen por terra.

Zona del naufragio cerca de Fisterra
Zona del naufragio cerca de Fisterra | Fonte: Europa Press

Esta fase non activa significa que os medios de Salvamento Marítimo non saen especificamente para a procura, aínda que nos exercicios habituais pasarase pola zona. Paralelamente, un barco de Salvamento Marítimo está nas inmediacións de Fisterra para intentar achar o pecio afundido o pasado 19 de decembro co fin de coñecer as causas do sinistro.

E é que se traballa coa hipótese de que o mariñeiro desaparecido non estaba no barco, segundo o relato dos sobreviventes. Cando se cumpren 10 días da traxedia, estímase que o corpo pode emerxer. Nesta xornada as correntes van cara ao norte. Todo iso, despois de que a Xunta prohiba a pesca na zona do naufraxio, así como ordenado a retirada dos aparellos para facilitar as tarefas de procura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta