Temas: INCENDIOS SOBER

Trasladado o propietario dunha vivenda incendiada en Sober

O lume que afectou á vivenda, reavivouse durante as primeiras horas da mañá.

Por E.P. | LUGO | 30/12/2018 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa no lugar de Barantes de Arriba, en Sober (Lugo), provocou que a vivenda ardese por completo e que o propietario fose trasladado a un centro médico por precaución.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Segundo informa, o 112 tivo constancia do suceso ás 3,45 horas da madrugada a través dunha persoa particular.

Seguidamente, o servizo de urxencias requiriu a intervención dos bombeiros de Monforte, da Garda Civil, Protección Civil e o 061-Urxencias Sanitarias.

Estes servizos traballaron para sufocar as chamas, que se reavivaron durante as primeiras horas da mañá.

Temas: INCENDIOS SOBER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta