Gonzalo Caballero cre que o discurso de Feijóo evidencia que "vive á marxe dos problemas de Galicia"

"Céntrase na posible aplicación do artigo 155 en Cataluña e esquece os problemas da sanidade pública", asegura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2018 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou este luns o discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta como "sorprendente por decepcionante" e asegurou que pon de manifesto que Alberto Núñez Feijóo "vive na súa burbulla, á marxe da realidade e dos problemas dos galegos".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: EP

Para o líder dos socialistas galegos, esta intervención evidencia que Núñez Feijóo "non ten ningún proxecto nin ningunha formulación" para Galicia, dado que o seu discurso permaneceu "alleo aos problemas" da Comunidade e "centrado" no ámbito nacional.

"Céntrase na posible aplicación do artigo 155 en Cataluña e esquece os problemas da sanidade pública, que Galicia perde poboación, que os mozos non teñen posibilidades de futuro na nosa terra, que o medio rural morre...", enumerou Gonzalo Caballero, que criticou que Feijóo "pase por alto a realidade do país que ten que gobernar".

Para Caballero, o discurso apunta que Feijóo "xa non goberna en Galicia. "Non ten na súa cabeza nin na súa axenda de preocupacións os problemas de Galicia, a realidade do país no que vivimos, senón que está centrado na súa axenda de política nacional para ver que espazo pode xogar no PP con ou sen Casado", dixo o líder do PSDEG, que botou en falta "empatía cos galegos que atravesan dificultades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Devagan

Díxolle o pote á tixola: o P$o€-psdg preocupado por Galicia... Rir por non chorar.