A resposta dun traballador ao presidente de Alcoa: “retira o ERE, marcha e deixanos tranquilos"

Roy Harvey enviou unha carta de Nadal aos operarios de Avilés e A Coruña para felicitar as festas tras o anuncio de peche das súas fábricas. Contestoulle duramente con outra misiva o presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho. Mantéñense as mobilizacións mentres que Xunta e Goberno central cren que hai posibilidades de atopar solucións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

“Desexo expresarvos o meu agradecemento polo traballo que fixestes para crear uns cimentos máis sólidos en Alcoa”. Así comeza a carta que enviou o presidente da multinacional Alcoa, Roy Harvey, a todos os traballadores do grupo, incluídos os case 700 que agora quere despedir nas plantas da Coruña e Avilés. Unha misiva que xa tivo unha dura resposta por parte do presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, que lle pide que marche e deixe as fábricas en mans do Goberno español.

“Grazas aos vosos esforzos e enfoque nas nosas prioridades estratéxicas, realizamos numerosas melloras para situar mellor á nosa empresa no futuro”, continúa Harvey.  Unha carta que lle remitiu aos traballadores durante o Nadal e que sentou coma un insulto. “É unha tomadura de pelo e unha falta de respecto”, denunciaron xa desde varios sindicatos.

Harvey comprometeuse a facer todo o posible en 2017 por manter a actividade das plantas que pretende agora pechar, pois, dixo, tiña un bo recordo dos dous anos nos que estivo a traballar na de Avilés. “Nas nosas viaxes xuntas, os nosos valores sempre seguirán iluminando o noso camiño polos pedregosos carreiros e axudarannos a diferenciarnos”, destaca Harvey na misiva enviada. “Unha vez máis grazas pola súa dedicación e compromiso para facer continuamente que Alcoa sexa aínda mellor. Gozar dun Ano Novo sans e seguros”, finaliza.

“INSULTO”

A misiva xa tivo a resposta do presidente do comité de empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho que nunha entrevista con Galicia Confidencial xa dixera que Alcoa fixo unha "chantaxe". Na súa resposta, remitida xusto no día de fin de ano, Corbacho afirma que "é un insulto de carta" e "unha falta de respecto" ao persoal ao que afectan os peches, e acusa a Harvey de "non molestarse nin en ler o que escribiu, nin en preocuparse en a quen lla vai a enviar".

Mobilización de traballadores de Alcoa na Coruña. Europa Press
Mobilización de traballadores de Alcoa na Coruña. Europa Press

Así, insiste en que "é un despropósito de carta" na que "non hai nada aproveitable", e insta a Harvey a "ter a dignidade e honorabilidade suficientes para pedir desculpas aos traballadores da Coruña e Avilés".

Para rematar, solicita que deixen de facer tanto dano" e que retiren o expediente de extinción de emprego. A carta conclúe coa petición de que "abandonen España, devolvendo as empresas ao Goberno", e denuncia que, desde 1998, explotáronas sen facer un só investimento e levándose os beneficios a outros países".

“Sen máis, aproveito para desexarche que sigas gozando da vida mirando auroras boreais ou como che plazca, pero por favor, retira o expediente, marchade e deixádenos tranquilos para loitar polo noso futuro”, conclúe.  Podes ler toda a misiva ao final da noticia.

PROTESTA

Por outra banda, os traballadores da fábrica de aluminios de Alcoa da Coruña concentraranse este xoves, entre as 10,30 e as 12,00 horas, fronte ás consellerías da Xunta de Galicia en San Caetano. Con esta protesta, o persoal pretende presionar ao Goberno galego e conseguir a súa "implicación" para evitar o peche da fábrica da Coruña.

Ademais, representantes do Comité de empresa de Alcoa na Coruña detallaron que solicitaron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, que lles reciban para abordar a situación.

NEGOCIACIÓNS

Neste sentido, secretario xeral de Industria e da Peme, Raúl Blanco, afirmou que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo traballa para reverter a decisión da multinacional canadense ao considerar que "seguen sendo viables", e que manterá todas as opcións abertas ante a intención de peche da entidade.

"Cremos que as plantas seguen sendo viables", afirmou nunha entrevista concedida a Europa Press e engadiu que as medidas de apoio á industria electrointensiva aprobadas recentemente polo Executivo afectarán de forma positiva, tanto a Alcoa como a outras industrias, xa que achegan un marco regulatorio estable e que "era necesario".

Juan Carlos López Corbacho
Juan Carlos López Corbacho | Fonte: Facebook

Así mesmo, indicou que desde o Ministerio traballan para ter calquera posibilidade aberta ante a decisión de peche da compañía, do mesmo xeito que se fixo no caso da planta de Villadangos del Páramo (León) de Vestas, un exemplo que cualificou como "un éxito", posto que se pasou dun anuncio de peche en agosto a asinar un acordo cun novo investidor en decembro.

VESTAS, CASO DE "ÉXITO"

"Podemos falar de que foi un éxito, xa que pasar dun peche anunciado desde o mes de agosto a asinar un acordo en decembro cun novo investidor que garante todos os empregos da planta e tamén da industria auxiliar é unha noticia moi positiva", manifestou.

Blanco sinalou que a industria é un sector aberto no que as empresas toman as súas decisións desde unha óptica global, aínda que afectan de xeito local. Ademais, recordou que, no caso de Cemex, que prevé finalizar a súa actividade en Gádor (Almería) e Lloseta (Mallorca), alcanzouse un preacordo para desenvolver proxectos industriais alternativos en ambas as instalacións.

Así, resaltou que, "unha vez máis", mobilizáronse o Goberno, as comunidades autónomas, os axentes sociais e tamén a propia empresa, que, na súa opinión, "ten vontade de buscar solucións". Tamén destacou o caso da Naval, ante o que indicou que tanto o Goberno central como o vasco intentaron "todo o posible" para manter a actividade.

COMPETITIVIDADE INDUSTRIAL

"Non podemos facer do caso ou do exemplo algo xeral. Hai casos e seguiraos habendo, porque a industria é un sector aberto á contorna global", apuntou, en referencia aos exemplos de empresas como Alcoa, Vestas, Cemex ou La Naval, aínda que indicou que este tipo de situacións volverase a producir no futuro, xa que é un sector aberto á contorna global, o que non significa que a industria española non sexa competitiva.

************************************


CARTA ABERTA DE JUAN CARLOS LÓPEZ CORBACHO A ROY HARVEY:

Sr. Presidente:

Dadas las circunstancias especiales por las que estamos atravesando en Avilés y A Coruña con motivo del ERE de extinción que nos habéis puesto encima de la mesa, no puedo dejar sin contestar a tu carta (“year-End Reflections”; Reflexiones de un Año acabado) que recientemente nos has hecho llegar.

He esperado en vano una rectificación por tu parte, que no ha llegado y ya no va a llegar, pues apenas faltan dos horas y media para que finalice el año y conteniendo al máximo la rabia que me produce el insulto de carta que nos haces llegar, voy a tratar de contestarte. He procurado entender como puede ser que te dirijas a nosotros de la forma que lo haces, sabiendo que tu subordinado (Tim Reyes) nos ha comunicado el 17 de octubre de 2018 el cierre de nuestras empresas y el despido de todas las trabajadoras y trabajadores.

Quiero pensar que la carta que nos envías es una carta modelo para todas las empresas del Grupo Alcoa, pero me parece intolerable que una vez que la firmas ni te molestes en leerla y preocuparte de a quién se va a enviar y si es apropiada para alguien como nosotros a quienes queréis dejar sin trabajo. Con esta comunicación lo mínimo es que pensemos que aparte de despedirnos quieres faltarnos al respecto e insultarnos.

Dices cosas como que, “Gracias a vuestros esfuerzos y enfoque a nuestras prioridades estratégicas, hemos realizado numerosas mejoras para posicionar mejor a nuestra empresa para el futuro” ¿nos das las gracias despidiéndonos? ¿De qué empresa hablas, de la tuya? Porque de la nuestra seguro que no. De cara al año 2019 dices “(…) seguiremos impulsando mejoras con una rapidez y profundidad que nos pondrán a prueba y cuento con todos vosotros para que cumpláis con vuestra parte” ¿De verdad piensas que todo esto tiene sentido para nosotros?

Por un momento parece que te llega la lucidez suficiente y enganchas el hilo normal del mensaje del presidente de una multinacional que se va a dirigir a unos trabajadores que han luchado como nadie para que Alcoa permanezca en España en las mejores condiciones y nos sueltas “En pocas palabras, tenemos que ser ágiles, estar preparados para avanzar hacia adelante o pivotar, independientemente de la situación o incertidumbre en el mundo o en nuestros mercados.

Este último año, nuestros mercados se han enfrentado a tarifas, sanciones y alteraciones de desabastecimiento; situaciones que no podemos controlar de forma directa. En ocasiones en algunas de nuestras plantas, hemos luchado para recuperar la estabilidad y la fiabilidad. Siempre debemos estar preparados para reforzar nuestros sistemas y procesos para poder rendir mejor y tener la oportunidad de crecer”. Pero nada más lejos de la realidad, vas y nos hablas de avanzar hacia delante o pivotar y de que en ocasiones en algunas empresas habéis luchado.

Tu carta es un despropósito desde el principio al final, no hay nada en ella aprovechable para nosotros. No sé si la aurora boreal te puede haber afectado como para hacernos llegar tantas sandeces juntas en un papel, si es así, espero que te recuperes pronto y tengas la dignidad y la honorabilidad suficiente y que se le debe de presumir al máximo cargo de la compañía y te disculpes con mis compañeras y compañeros, lo mismo en Avilés.

Por último, visto que os empeñáis en defender que vuestra intención no es haceros con nuestro mercado, solo pedirte que dejéis de hacer tanto daño y retiréis el expediente de extinción de empleo y os vayáis de España de la misma forma que vinisteis, devolviendo las empresas al Gobierno (que os las regaló en el año 1998) y que desde entonces habéis explotado sin hacer una sola inversión llevándoos los beneficios a otros países.

Sin más, aprovecho para desearte que sigas disfrutando de la vida mirando auroras boreales o como te plazca, pero por favor, retirar el expediente, marcharos y dejadnos tranquilos para luchar por nuestro futuro.

Traballadores nunha planta de Alcoa
Traballadores nunha planta de Alcoa
Protesta de traballadores de Alcoa este sábado na Coruña. CEDIDA
Protesta de traballadores de Alcoa este sábado na Coruña. CEDIDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta