Animalistas celebran a actuación do Seprona no caso dos cans encadeados en Vilaboa

Sinalan ademais que esta práctica de encadeamento "correspóndese cunha infracción grave da Lei de Benestar Animal en Galicia".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/01/2019 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber aplaudiron este mércores a recente intervención de efectivos do Seprona a Garda Civil contra o encadeamento continuado de polo menos dez cans no termo municipal de Vilaboa (Pontevedra). Sobre este tema estes colectivos lamentaron, nun comunicado de prensa, que esta práctica se reproduce por decenas na provincia pontevedresa".

[Grupovigo] Nota De Prensa. GUARDIA CIVIL
[Grupovigo] Nota De Prensa. GUARDIA CIVIL

Os animalistas subliñan que a conduta denunciada polos axentes "correspóndese cunha infracción de carácter grave da Lei de Benestar Animal de Galicia", que entrou en vigor o pasado ano e que contempla sancións de ata 5.000 euros por manter aos animais encadeados de forma permanente, unha situación que somete aos mesmos a toda clase de sufrimentos psíquicos e físicos.

Neste sentido os colectivos recordan que desde hai un ano tamén fan campaña activa "contra estas malas prácticas" a través da iniciativa #SenCadeas, que rexistrou máis de 380 casos similares en toda Galicia e que "trata de implicar á Xunta na resolución das denuncias de forma áxil, conscientes de que unha serie de sancións contribuirán a exercer un efecto disuasorio sobre os maltratadores", concretan.

Así mesmo, FFW e LIBERA! expoñen que a Deputación de Pontevedra "impulse unha campaña" co fin de "disuadir do encadenamiento continuado nos 62 municipios sobre os que presta toda clase de servizos, como o servizo de recollida de animais abandonados en gran parte dos mesmos".

Os defensores dos animais aseguran que "pensan na institución gobernada por PSOE e BNG, ao entender que é unha administración máis próxima á cidadanía que a propia Xunta", e co obxectivo "de implicar ao maior número de institucións na loita contra os malos tratos e o abandono animal", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta