Unha muller ferida tras bater cun cabalo en Lugo

O sinistro tivo lugar cando o animal irrompeu na vía en Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

A condutora dun vehículo resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste xoves tras atropelar a un cabalo que irrompeu na vía no termo municipal de Lugo.

Cabalos soltos nunha estrada
Cabalos soltos nunha estrada | Fonte: unpocosobrecaballos.blogspot.com

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro sucedeu pasadas as 8,10 horas deste xoves na estrada LU-530 ao seu paso polo lugar do Carqueixo, en Lugo.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou á persoa ferida ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes, confirmaron fontes sanitarias.

Ademais, a causa do impacto, concretaron fontes do 112 Galicia, o cabalo quedou morto na calzada, polo a Garda Civil de Tráfico solicitou medios de limpeza e mantemento. Así, foi mobilizada a Axencia Galega de Infraestruturas para retirar o animal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta