O Concello da Coruña urxe á Xunta para que protexa a contorna da Torre de Hércules

A concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, denuncuia que "levamos ano e medio esperando".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A concelleira de Medio Ambiente no Concello da Coruña, María García, instou á Xunta a que se aceleren os trámites para que a contorna da Torre de Hércules sexa declarado Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Torre de Hércules. Europa Press - Arquivo
Torre de Hércules. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

"É un procedemento que debería levar tres meses e levamos ano e medio esperando", sinalou García, que recorda a gran diversidade de especies presentes na zona e a importancia da súa protección. A concelleira fixo balance do convenio asinado co Grupo Naturalista Hábitat para o control da especie invasora 'Carpobrotus edulis', máis coñecida como uña de gato, na contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia.

En total, segundo informa o Consistorio, 122 metros cúbicos desta especie foron retirados durante as 11 xornadas de traballo realizadas entre os meses de outubro e novembro.Nestas actividades participaron 226 persoas, entre veciños, estudantes de catro centro escolares, voluntarios da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e acodes usuarias do Centro de Inserción Social Carmela Arias e Díaz de Rábago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta