Aumentan os votantes do PP e de C's que apostan por eliminar as autonomías, tal e como pide Vox

O 40% dos españois defende o actual estado autonómico mentres que o 17% eliminaría todas as competencias autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Catro de cada dez españois consideran que a fórmula actual de organización do Estado por autonomías é a adecuada e non ven necesario que se deba cambiar, mentres que un 17 por cento dos enquisados opinan que a organización territorial correcta debe ser a dun Estado sen autonomías --tal e como propón Vox no seu programa electoral--, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de decembro.

Un home con bandeira e camiseta independentista na manifestación a prol da unidade de España de Barcelona
Un home con bandeira e camiseta independentista na manifestación a prol da unidade de España de Barcelona | Fonte: Miguel Núñez

Así mesmo, o estudo arroxa que a porcentaxe de persoas que optarían por un Estado no que se recoñecese ás comunidades autónomas a posibilidade de converterse en estados independentes, pasa do 10,6% de novembro a baixar a un 9,6% en decembro. En novembro de 2014 foi cando esta opción alcanzou a súa máxima porcentaxe cun 12,4 por cento.

O barómetro de decembro mostra tamén que a opción de dotar de máis autogoberno ás autonomías é elixida polo 13,9% dos españois enquisados. Esta cifra é case idéntica á dos que optarían por rebaixar as competencias e polo tanto o autogoberno das comunidades, que son un 13 por cento.

DO PP, DEIXALAS COMO ESTÁN

Entre os votantes do PP, a opción máis elixida é a de manter a organización territorial tal cal está, mantendo as autonomías, cun 34%. No entanto, tres de cada dez preferirían un Estado no que non houbese autonomías, é dicir, optarían pola recentralización de competencias. Este último dato choca coa opción de novembro, cando a cifra de votantes que optaban por este tipo de estrutura de Estado centralizado era do 41%.

Para os que elixiron a papeleta de PSOE e de Unidos Podemos nos últimos comicios, a opción favorita é a deixar o Estado das Autonomías tal e como está, cun 53% (PSOE) e un 41% (UP). No entanto, o 24 por cento dos votantes de Unidos Podemos verían con bos ollos un Estado que dese máis autonomía que a actual ás comunidades.

Caso distinto é o dos enquisados que elixiron como forza política a Ciudadanos, aínda que coinciden con Podemos e con PSOE en preferir deixar as autonomías tal e como están (34%), a porcentaxe que reducía o peso das comunidades no Estado ascende a un 27 por cento. O barómetro mostra ademais que o 28% dos votantes de Ciudadanos preferirían un Estado que non fose organizado en comunidades autónomas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

Spain is an entelechy!