O PP pregunta a Formoso se manterá ao alcalde de Cerceda na Deputación coruñesa tras a súa condena

José García Liñares, alcalde cercedense, foi condenando a ano e medio de cárcere e dezaseis de inhabilitación por prevaricación e fraude á administración pública.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/01/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O grupo provincial do PP na Deputación da Coruña manifestou este venres estar á espera da decisión que tome o presidente deste organismo, o socialista Valentín González Formoso, sobre a situación do deputado José García Liñares, "integrante do seu equipo de goberno da Deputación e condenado a ano e medio de cárcere e 16 de inhabilitación por prevaricación e fraude á administración pública".

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. RADIO GALEGA
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. RADIO GALEGA

Nun comunicado, e tras facerse público a sentenza condenatoria, que o alcalde de Cerceda e responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña xa anunciou que recorrerá, o PP pregúntase se o presidente da Deputación e responsable do PSOE provincial o manterá nas súas responsabilidades.

En concreto, "se consentirá que unha persoa condenada pola súa xestión á fronte do Concello de Cerceda manteña as súas responsabilidades noutra". Desde o grupo provincial recordan tamén que, no seu día, e despois de que se lle abrise xuízo oral, García Liñares deuse de baixa como integrante do PSOE. "Que saibamos, na Deputación da Coruña, é deputado baixo as siglas desta formación", sinalan, con todo, a este respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta