Case 15000 persoas visitaron xa a exposición do Concurso de beléns de Afundación

I O Premio do público outorgouse a María Teresa Núñez, quen xa recibira o 3ª Premio do xurado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/01/2019 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Case 15000 persoas visitaron desde o pasado 13 de decembro a exposición do Concurso de beléns de Afundación, que este ano cumpre a súa edición número 53. A mostra continuará aberta ata este domingo na Sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo.

Belén presentado ao concurso infantil
Belén presentado ao concurso infantil

Ademais, xa se dou a coñecer o Premio do público, outorgado por votación realizada na rede social Facebook. María Teresa Núñez, quen xa recibira o terceiro Premio do xurado, resultou a gañadora. 

Na edición deste ano o xurado decidiu conceder o primeiro premio na categoría individual ao centro terapéutico ocupacional Doral Residencias. O segundo galardón recaeu na asociación ASPANAEX e o terceiro foi concedido a María Teresa Núñez Freire. 

Na categoría para colectivos conformados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio ao CEIP Igrexa-Candeán, o segundo ao belén feito pola Fundación Menela Cee e, finalmente, o terceiro premio ao CEIP Valle Inclán. 

Ademais, foron concedidos dez accésits, o número máximo permitido polas bases do certame. 

CREATIVIDADE E ORIXINALIDADE

O xurado destacou a alta calidade artística das obras presentadas, "reflexo do gran momento de inquietude creativa que vive a sociedade, así como a orixinalidade das obras propostas e as horas de traballo dedicadas polos participantes". "Cabe destacar tamén a sensibilización coa importancia da reciclaxe, as enerxías renovables e a mirada nalgunhas creacións cara ás novas tecnoloxías", engadiu.

O certame e a exposición que o acompaña son unha referencia na tradición cultural do Nadal galego. A presente edición tivo, como en anos anteriores, unha moi boa acollida por parte dos participantes, xa que se presentaron ao certame 43 nacementos diferentes. Como tradicionalmente, os portais que participan no concurso están compostos por materiais de diversa índole como cristal, chaves antigas, cestas, papel, cartolina, espellos ou plástico, entre outros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta