Máis de 151.000 firmas piden a fin da caza con cans en Galicia

Animalistas alertan do "acoso" dos cans a especies "non consideradas cinexéticas, incluso en época de cativa e nidificación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2019 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Unha campaña contra a caza con cans en Galicia impulsada polas asociacións animalistas Libera e Fundación Franz Weber suma xa máis de 151.000 firmas de "persoas preocupadas" polas "circunstancias" destas "prácticas crueis".

Cazador cazando. EUROPA PRESS
Cazador cazando. EUROPA PRESS | Fonte: FEDERACIÓN CAZA C-LM - Archivo

Así o informaron ambos os colectivos, que alertan do "acoso" dos cans a especies "non consideradas cinexéticas, incluso en época de cativa e nidificación", de "a transmisión de enfermidades" a outros animais ou persoas que esta actividade pode supor. Tamén apuntan "á violencia provocada" polos propios lances, que se converten "en pelexas consentidas" polos cazadores.

Por todo iso, Libera e Fundación Franz Weber apelaron ao respaldo social para que a Xunta "adopte, dunha vez por todas, un veto ao uso de cans" neste ámbito, como xa o fixeron países como Austria, Dinamarca ou Luxemburgo.

Neste sentido, a campaña '#CazaEsViolencia' tamén pon o foco na autorización de "supostas competicións deportivas cinexéticas" cuxa finalidade é, segundo os animalistas, "producir o maior número de mortes de, por exemplo, raposos, para obter diferentes recompensas".

Esta actitude é "censurada" por ambos os colectivos, que ademais responsabilizan ao Goberno galego "dunha auténtica banalización do que supón unha verdadeira actividade deportiva saudable".

Así mesmo, alertan de que nestes campionatos "poden participar menores de idade" e que o número de cans empregados "produce un grave desequilibrio aos ecosistemas", así como o uso de chumbo, que "contamina o medio e chega a resistir á degradación durante centos de anos" e "pode ser inxerido" por diferentes animais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Trupirosiro

Tamén axuda ao control do número de cuñados. Chámanlle "accidentes"...

1 anonimo

A caza non é, só, violencia, senón algo da edade media ou do pleistoceno. Que en Galicia haxa milleiros de xente que a practiquen, non quere dicir que non o sexa. Hai toda un negocio montado con eso: armerías, cotos, etc. Pero non deixa de ser una salvaxada de trogloditas.E que ten provocado mortes e feridos, non so de " especies cinnexéticas" senón tamén de homo sapiens.