Ferido un GES de Ribadavia mentres traballaba na extinción dun incendio nunha vivenda

Sufriu un golpe nunha perna tras colapsar o teito da vivenda.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/01/2019 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Un membro do GES de Ribadavia (Ourense) resultou ferido a última hora deste domingo mentres traballaba na extinción dun incendio rexistrado nunha vivenda.

Integrantes dun GES
Integrantes dun GES | Fonte: Pontecesures.net

Segundo a información do 112-Galicia, o lume iniciouse pouco antes da medianoite nunha vivenda da Praza Gardía Boente, en Ribadavia, e provocou importantes danos no tellado e no faiado.

Ata a zona foron mobilizados efectivos do Grupo de Urxencias Supramunicipal, un dos cales quedou atrapado ao colapsar o teito da vivenda e sufriu un golpe nunha perna, polo que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense.

No operativo participaron tamén efectivos dos Bombeiros do Carballiño, da Policía Local, da Garda Civil, de Protección Civil e do 061. O lume, cuxas causas aínda se descoñecen, quedou sufocado sobre as 3,00 horas.

INCENDIO NUN ALPENDRE

Por outra banda, as chamas consumiron tamén este domingo un alpendre que ardeu practicamente por completo, xunto aos materiais que se almacenaban no seu interior, en Caldas de Reis (Pontevedra). O lume comezou sobre as 20,20 horas no número 9 da rúa de San Roque.

Tras ter coñecemento do suceso, o 112-Galicia mobilizou ata a zona a efectivos dos Bombeiros do Salnés, do GES de Valga, da Policía Local e de Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta