Podemos Galicia diposta a abandonar En Marea e impulsar unha nova coalición de partidos

Ofrece a EU, Anova e a algunhas mareas locais abrir un "diálogo" fóra de En Marea tras a derrota de David Bruzos nas Primarias desta formación. Xustifica a decisión nun informe que encargou a un informático e que detectou "irregularidades" no proceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A cúpula de Podemos Galicia realizou un ofrecemento a Esquerda Unida, Anova e as principais mareas locais para abrir un "diálogo" fóra do seo de En Marea e impulsar a creación dunha nova fronte de partidos.Unha proposta que fai en base a que di que a dirección encabezada por Luís Villares está "anulada e inhabilitada politicamente" por ser electa nun proceso "irregular" e carente de "garantías democráticas e transparencia" tras os datos dunha auditaría encargada polo partido morado.

David Bruzos lidera a candidatura ao Consello dás Mareas 'Entre todas'. EUROPA PRESS - Arquivo
David Bruzos lidera a candidatura ao Consello dás Mareas 'Entre todas'. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

A dirección da organización que lidera o deputado Antón Gómez-Reino remitiu aos seus inscritos o informe realizado por un perito informático que conclúe que non se pode garantir a integridade dos resultados do proceso electoral" celebrado polo partido instrumental a finais de decembro e que se saldou con vitoria da lista de Luís Villares co 60% dos votos polo 40% obtido pola lista do sector crítico, apoiada por Podemos.

Acompañando á auditoría encargada ao informático Lorenzo Martínez, Podemos enviou un comunicado no que invita a establecer "un diálogo externo" co resto de organizacións e mareas críticas coa dirección de En Marea de face a "articular, de forma democrática e colectiva a Galicia que vén".

Deste xeito, o partido morado abre a porta a deixar de participar en En Marea e ofrécese a encabezar os movementos que, segundo reza o comunicado, "cristalizarían nunha conferencia política de país" no que abordarían o futuro da denominada unidade popular e que suporían a escenificación da ruptura do partido instrumental, creado no verán de 2016 para as últimas eleccións autonómicas.

E é que, segundo fontes próximas á dirección consultadas por Europa Press, a cúpula de Podemos Galicia considera que é "imposible" convivir co sector de Luís Villares tras o acontecido no último mes e medio; polo que invitan aos seus socios da candidatura 'Entre Todas' a iniciar un camiño político sen contar co maxistrado en excedencia e os seus afíns.

NON RECOñECEN A DIRECCIÓN DE EN MAREA

Así, nun comunicado dirixido aos seus inscritos, Podemos considera que "a enorme gravidade da situación xerada pola coordinadora de En Marea esixe, en calquera espazo democrático a inmediata dimisión dos responsables políticos da vulneración de dereitos e obrigacións".

"A vulneración destes dereitos e obrigacións, así como as irregularidades e a ausencia total de garantías democráticas e transparencia, obrigan a concluír a Podemos Galicia a total pérdida de confianza política nos responsables de todo este proceso: a coordinadora do partido instrumental de En Marea encabezada por Luís Villares", reza o escrito de Podemos.

Deste xeito, a organización que lidera Gómez-Reino cre que o informe pericial revela "rigorosos e severos datos" que "invalidan" as eleccións internas de En Marea. Polo tanto, non recoñecen os resultados das primarias e consideran "inhabilitados politicamente" os órganos de dirección do partido instrumental, constituídos o pasado 29 de decembro sen presenza das 14 persoas electas pola candidatura crítica.

En conclusión, Podemos Galicia avanza na ruptura coa actual dirección de En Marea e invita o resto de organizacións e mareas críticas con Villares a iniciar un camiño sen contar co maxistrado en excedencia e os seus afíns.

INFORME PERICIAL

O perito informático contratado por Podemos Galicia para auditar o proceso de votacións das primarias de En Marea conclúe no seu informe que non se pode garantir a integridade dos resultados do proceso electoral acontecido nas votacións do 22 e 23 de decembro", no que a lista de Luís Villares impúxose con case o 60% dos votos á candidatura do sector crítico, na que participaba o partido morado.

Esta é unha das conclusións que resalta Lorenzo Martínez, da consultoría 'Securízame', na súa auditoría sobre a primarias encargada por Podemos e á que tivo acceso Europa Press. Nela, o perito afirma que a plataforma de votacións "mostra graves deficiencias" que permiten a "calquera usuario" do sistema acceder a "datos persoais" do resto de persoas inscritas.

Así, determina que Ledmon Markenting, a empresa contratada pola dirección de En Marea para desenvolver unha nova plataforma tras a súa decisión de prescindir da anterior, "non ten experiencia suficiente nin cualificación para levar a cabo un desenvolvemento cunhas garantías de seguridade adecuadas que aseguren a inalterabilidad das votacións do proceso electoral, ou a auditabilidad posterior do mesmo".

"O descoñecemento por parte deste perito sobre quen puido e pode ter acceso á base de datos onde se albergan os resultados de cada votación, non permite a este perito garantir que estes poidan manter a integridade con relación ao realmente votado por cada usuario durante todo o proceso electoral", apunta a auditoría nas súas conclusións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Agárrate saxo

11 comentarios, 4 de Gamela e subindo. Unha constante. Que fan os fans de Galicia Bilingüe dando consellos sobre a unidade da esquerda? Sería como se os Baltares fosen apoio da familia Bruzos, ou que o alcalde eterno da Peroxa polo Partido Podre votase candidato nas Mareas... E xa foi! Todo está na hemeroteca! Logo agardamos pola interesada opinión dos da escolla de amizades perigosas.

1 Gamela

Cando queiras explícoche de vagar o tema do Complemento Lingüístico Galego! Pero hoxe tocan as Manobras Orquestais Na Escuridade do Xuíz Villares !!! Se non intoxicamos igual chegamos a ver algo con claridade...? Nestes momento ou se repiten as eleccións ao Consello e Coordinadora de En Marea, ou o único camiño que lle queda ao xuíz é ir buscar a TOGA e marchar facer Puñetas ao TSXG !!!

2 M. Vila

Explica Gamela os teus apoios a Gloria Lago, e ponlle doce e cor rosa. Que raro que non teñas un post elaborado no teu blog. Pilláronte ben pillado, bífido! Polo demáis, as eleccións deben repetirse até que os teus gañen? Necesariamente Podemos e o PcE deben decidir, desde Madrid, que son máis cidadáns de primeira, escollen o destino das galegas? E logo o Colexio de Enxeñeiros Informáticos, co seu informe, vai ter menos peso que o informe do amigo de Podemos? Lugo, Ferrol, Ames, Pontevedra, Sanxenxo... As divisións nas municipais son imparables, xogades con fogo para salvar os aparatos do PcE e de Podemos. E os bífidos aplauden!

5 Antolín o dos cubatas

Pero si en Lugo, como publicou este xornal, xa deixaron a Anova fóra ¡¡¡

4 Prístino

"Estavam verdes", dixo a raposa. IU (g) irá onde lhe indiquem desde Madrid. Quem se tem que retratar agora é Anova, co Martiño e o Ferreiro.

3 Descontento

Gameliña. Estarás contento, non?. Por fin os teu amiños de Madrid dan o paso de facer o que sempre querían facer. Liderar unha fronte. Xa teñen nome: "Todos Podemos" ou "Xuntos Podemos". Non estaría mal. E a ver se te meten a ti de responsable de prensa. Ademais ti seguro que facías o traballo gratis. Agora que as cartas están na mesa, ADEUS a Martiño, Jorgito e Xulio. Podemos acaba de dilapidar as poucas opcións que tiñan de volver gañar. Igual gaña o teu amigo Rubén de Vigo.... Quen sabe...

1 Gamela

Case respondo a Descontento & Alpinista á vez (non vaian ser un só) ? Non sei de onde sacas que PodemosGalicia sexan "amigos meus" pois hai máis dun ano bloquearonme a conta de Twitter e penso que falei ben claro de que esta panda NON entendían nin de democracia nin de políticas alternativas! https://i.gal/gamela07 Respecto de Rubén Pérez mellor lle fóra buscar un mundo paralelo onde gañar os garabanzos (que o profille Eva Solla que ten cartos dabondo!) https://i.gal/gamela05 Pero sí estou contento de ver como as MANIOBRAS ESCURAS de CERNA esta vez non chegaron a vendernos fume... coma fixeron con AGE! Aquí tedes unha mostra da súa TRANSPARENCIA coma Coodinadores Vitalicios !!! https://enmarea.gal/persoas/ Respecto a Xulio & Martiño & Jorge todo está aínda ABERTO á Unidade da Esquerda!

2 Gamela

Se comparamos os perfís profesionais de Ledmon Marketing e os de Securízame sen dúbida algunha sae gañandora esta última (i eu non teño nin idea de informática!) https://cursos.securizame.com/teach... (pero sei ler!) A ver se Villares explica quen foi o LISTO que contratou a Ledmon para as votacións? Seguro que algún experto de CERNA estaba no allo... ¿Qué apostades?

1 Alpinista

Aposto a que ti vas ir de recheo na lista de Rubén Pérez en Vigo. Aposto que estás desexando ser o propagandista oficial, por vocación, de Podemos na Rexión Noroeste, seguindo o fiel dictado de don Pablo, señorito de Galapagar de la Sierra. Aposto que te ris da democracia e dos de abaixo, a túa soberbia fai que olles por riba da xente do común. Que che aproveite o recoñecemento por parte de Podemos e do PcE, como taparrabos estaste esforzando, pois seica hai domésticos que son recompensados polo servizo... O teu odio crónico é insuperable, grazas por ensinar a patiña.

2 Gamela

Alpinista, semella que tí es dos que lle gusta aquelo de : Calumnia, que algo queda...! Pero cicais teñas tempo de ler a miña opinión sobre o Xardín de Galapagar! https://i.gal/gamela15 Onde deu a volta o mundo da Unidade Popular dos Señoritos!

3 Gustavo

Nad home, só coincide que Roi Márquez Ricón, lider de enMarea POntecaldelas traballa en Ledmon Marketing, pero é pura casualidade. A empresa nunca fixo nada dese tipo, pero baixaron unha app de internet, e en dous días xa montaron unha cousa moi apañada e moi limpa, oes!