Anuncian mobilizacións na Coruña para evitar a especulación urbanística con terreos do Ministerio de Defensa

Defensa do Común lembra que o departamento estatal de Defensa ingresou “sabrosos dividendos por terreos en Zalaeta, Santo Amaro e polo antigo Hospitalo Militar.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/01/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto iniciaron unha serie de mobilizacións para evitar a poxa da parcela que o Ministerio de Defensa pretende levar a cabo na Coruña e cuxo prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro día 17. 

Protesta dos veciños da Coruña diante dos terreos de Adelaida Muro que Defensa quere subastar / http://informacioncolaborativa.opennemas.com
Protesta dos veciños da Coruña diante dos terreos de Adelaida Muro que Defensa quere subastar / http://informacioncolaborativa.opennemas.com

Os terreos que se pretenden vender forman parte dunha parcela de 375 metros cadrados, cunha edificabilidade de 1.154 metros cadrados. Por iso, Defensa do Común segue a lamentar a febre especuladora do Ministerio de Defensa que pretende, na súa opinión, "converterse na principal inmobiliaria da cidade".

Representantes de ambas entidades entregarán este mércores aos catro grupos municipais un texto de moción para ser debatido no pleno do vindeiro luns, día 14, e no que apelan á responsabilidade da corporación municipal para que o organismo estatal non materialice as súas pretensións. Para o vindeiro sabado, día 12, membros das duás entidades concentraránse diante do Concello portando unha pancarta alusiva á necesidade de impedir a perda progresiva de espazos comunais. 

A través dun comunicado, Defensa do Común estima que o Concello podería recuperar esa parcela de xeito gratuíto a cambio de trasladar a edificabilidade a outros terreos que o ministerio conserva en San Cristóbal ou na Fábrica de Armas utilizando os 1.154 metros cadrados de Adelaida Muro para usos específicos relacionados coas competencias ministeriais. Nesa liña argumentativa, Defensa do Común considera que A Coruña “non pode ser desmantelada gradualmente para centralizar servizos do ministerio en Madrid ou en Valladolid”.

Finalmente, Defensa do Común lembra que o departamento estatal de Defensa ingresou “sabrosos dividendos por terreos en Zalaeta, Santo Amaro e polo antigo Hospitalo Militar e aínda así continúa tentando facer caixa coas parcelas do Campo da Estrada-Maestranza, mentres cedeu gratuítamente os mesmos espazos comunais en cidades como Barcelona ou Alcalá de Henares”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta