Temas: MUSEO MINARíA

As Pontes terá un Museo da Minaría "único en España"

O Ministerio de Cultura asinará "en breve" un convenio de colaboración para o desenvolvemento deste espazo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

O Ministerio de Cultura asinará "en breve" un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Museo da Minaría das Pontes, segundo asegurou o alcalde da localidade coruñesa, Valentín González Formoso, tras reunirse en Madrid co ministro de Cultura, José Guirao.

Ministro de Cultura, José Guirao, e alcalde das Pontes, Valentín González.. CONCELLO DAS PONTES
Ministro de Cultura, José Guirao, e alcalde das Pontes, Valentín González.. CONCELLO DAS PONTES | Fonte: Europa Press

González Formoso cualificou o encontro de "moi positivo" e agradeceu ao ministro o seu interese polo proxecto do Museo da Minaría e por "acceder a coñecer a intención, tanto por parte do Concello como da Deputación da Coruña, de preservar e pór en valor a historia e patrimonio industrial das Pontes e a súa comarca".

En declaracións posteriores á reunión, o rexedor pontés avanzou que esperan materializar este apoio "coa firma, en breve, dun convenio de colaboración" para o desenvolvemento do proxecto con outros ministerios. "Esperamos chegar a algún tipo de acordo proximamente, dada a envergadura da iniciativa tamén no ámbito ambiental", agregou.

O Museo da Minaría xa contaba co apoio do anterior ministro de Cultura, César Antonio Molina. Agora, o proxecto retómase para crear un espazo divulgativo "único en España", que mostrará a historia dun lugar "de especial importancia para o desenvolvemento económico e social das Pontes".

Deste xeito, os visitantes poderán coñecer o traballo que se realizaba na explotación mineira ao descuberto máis grande do territorio estatal, que contaba cunha extensión de 25 quilómetros cadrados.

A idea do goberno municipal pasa por iniciar un proxecto que aproveite as zonas en desuso na actualidade, sobre terreos xa cedidos por Endesa, para albergar unha exposición en espazo cuberto e outra itinerante na contorna do lago das Pontes.

Temas: MUSEO MINARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta