O xefe dos socialistas da Coruña espera a dimisión do alcalde de Cerceda tras ser condenado

Valentín González Formoso asegura que José García Liñares "estará á altura das circunstancias, como sempre o estivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSDEG na provincia da Coruña, Valentín González Formoso, asegurou que o alcalde de Cerceda, o tamén socialista José García Liñares, "estará á altura das circunstancias, como sempre o estivo, e así o demostrará nos próximos días".

García Liñares, xunto a Rafael Louzán.
García Liñares, xunto a Rafael Louzán. | Fonte: pontevedraviva.com

Así se pronunciou ao estimar que presentará a súa dimisión como deputado provincial tras ser condenado en primeira instancia polos delitos de prevaricación e fraude, o que o inhabilita para poder desempeñar o cargo público.

González Formoso cre que este será o camiño que tomará García Liñares, "respectando absolutamente as sentenzas e resolucións xudiciais".

Incidiu tamén no labor realizado polo rexedor nos máis de vinte anos que leva á fronte do Concello de Cerceda, xa que ao seu parecer "hai un labor detrás, e moitos anos de xestión que levaron e levan a Cerceda a ser unha referencia a nivel industrial en toda Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta