Candia (PP) abre as portas a un posible regreso do alcalde de Palas ao partido

A presidenta do PP de Lugo manifestou a súa alegría pola sentenza do Supremo, que absolve a Pablo Taboada e outros compañeiros dun suposto delito de acoso. Por outra banda, agardou que a elección do candidato de Monforte se resolva "o máis axiña posible"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, abre as portas ao regreso ao partido do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e ao resto do equipo de goberno que foron procesados por suposto acoso á secretaria e agora absoltos polo Tribunal Supremo.

Elena Candia
Elena Candia | Fonte: ppdelugo

O alcalde, tras mostrarse "aliviado" despois do fallo xudicial, manifestou que, de momento, "non" pensara "aínda" se volverá presentarse ás eleccións municipais de maio, nin se regresará ao partido do que se deu de baixa para facer fronte a este proceso xudicial.

Polo seu lado, Candia matizou que se "alegra" da sentenza. "E máis se se trata de compañeiros aos que apreciamos e aos que lles desexamos o mellor", abundou. Recoñeceu que falou con Taboada. "Simplemente chameino para compartir o que sei que foron momentos moi duros e que neste momento hai unha sentenza que o declara inocente", comentou.

A continuación insistiu en que, nesa conversación telefónica, comentaron o fallo do Supremo. "Logo de moitos anos dun proceso xudicial creo que, neste momento, é o que procede", afirmou. "Tempo haberá de falar doutras cousas", comentou Candia en relación a un posible regreso ás filas populares de Pablo Taboada, do seu antecesor, Fernando Pensado, e os tres concelleiros do equipo de goberno de Palas que foron absoltos. Preguntada sobre se se manteñen as portas abertas a un posible regreso ao PP respondeu que "si".

CANDIDATURA MONFORTE

Por outra banda, sobre a candidatura dos populares no Concello de Monforte, onde se creou un comité electoral para elixir ao candidato á Alcaldía, con dous aspirantes -o empresario Roberto Eireos e a parlamentaria Julia Rodríguez-, limitouse a sinalar que se está "analizando unha situación excepcional", á que esperan "que se lle poña punto e final o máis axiña posible", sentenciou sobre este tema o presidente do PP de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta