Baixa o número de falecementos por afogamento

Galicia rexistrou 49 casos deste tipo, nove menos ca no 2017. Canarias foi a comunidade onde se deron máis vítimas.

Por E.P. | MADRID | 11/01/2019 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O número de persoas falecidas por afogamentos en espazos acuáticos ao longo de 2018 diminuíu en Galicia en nove casos, respecto ao ano 2017. Canda a nosa comunidade, tamén se reduciu a cifra noutras dez autonomías, mentres que noutros dous se deron os mesmos datos. Así o indica o Informe Nacional de Afogamentos (INA) da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS).

Socorrista en Eivissa. CONCELLO SANT JOSEP - Arquivo
Socorrista en Eivissa. CONCELLO SANT JOSEP - Arquivo | Fonte: Europa Press

Sendo así, Galicia rexistrou 49 casos deste tipo. No extremo oposto, cómpre falar dos arquipélagos. Baleares foi a comunidade autónoma onde máis aumentou a cifra. Foron 14 vítimas mortais máis que en 2017, alcanzando as 42 mortes. Canarias, pola súa banda, descendeu en 38 falecidos, ata baixar aos 55 en total.

Esta potencial baixada non evitou que o territorio canario encabezase a listaxe de comunidades con máis mortes por afogamentos en espazos acuáticos, mentres que Baleares situouse en cuarta posición por detrás de Andalucía, a terceira rexión que máis baixou en falecementos, con 22 menos ata quedar en 52. 

Na Comunidade Valenciana tamén se rexistrou un forte descenso, con 30 menos en 2018 respecto ao ano anterior, o que fixo que os seus 37 falecidos supoñan o mellor rexistro dos últimos catro anos, tempo que a federación leva realizando o informe.

Cantabria tamén presentou descensos nas cifras de afogamentos mortais, 13 falecidos menos, aínda que os nove óbitos rexistrados colócanlle aínda por encima dos seis de 2016, o seu dato máis baixo; mentres, Estremadura e Rexión de Murcia tiveron seis menos en cada caso e pecharon 2018 con dous e 12 mortes, respectivamente.

En País Vasco houbo catro mortes menos, fronte ás 18 de 2017. Castela e León rebaixou as cifras mortais en 3 casos, con 14 falecementos; e Cataluña alcanzou os 41, situándose no quinto lugar de España con máis mortes por afogameento. En Ceuta houbo unha vítima menos e pechou o ano con dous afogamentos mortais.

Á parte de Baleares, os territorios que viron aumentados os falecementos nos seus espazos acuáticos son Castela-A Mancha, onde houbo catro mortes máis, alcanzando as oito vítimas; Navarra e Comunidade de Madrid, onde se deron tres máis, con catro e oito falecidos respectivamente. No caso madrileño foi o peor dato dos últimos catro anos. Asturias e Melilla aumentaron nun falecemento, pechando o Principado con 11 mortes o ano, e a cidade autónoma con esa única vítima mortal.

Tanto Aragón como A Rioxa, non tiveron variacións entre 2018 e 2017. No primeiro dos territorios déronse nove falecementos e no segundo dous. No seu conxunto, os espazos acuáticos españois cobráronse a vida por ahogamiento de 372 persoas ao longo de 2018, 109 menos que o ano anterior. Este dato supón o menor número de mortes desde hai catro anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta