Javier Losada síntese "preocupado" polo pacto en Andalucía que dá paso a un partido "xenófobo e misógino"

O delegado do Goberno en Galicia remarcou que a violencia de xénero é real e é un grave problema e non se pode tirar con ela pola borda por "conseguir un goberno".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2019 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pronunciouse este venres sobre o pacto para o novo Goberno en Andalucía para manifestar a súa preocupación polo inicio dun pacto cun partido "xenófobo e misógeno" -en referencia a Vox- que "nega a realidade" da violencia de xénero.

Javier Losada contrato fragatas. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Javier Losada contrato fragatas. DELEGACIÓN DO GOBERNO

En declaracións aos xornalistas, na rolda de prensa de presentación dos datos de sinistralidade na Coruña, Losada mostrouse "sorprendido" da "viraxe" do PP ao "dar ás" a un partido que "nega a realidade" da violencia de xénero.

Así, acusou ao presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e ao presidente do PP, Pablo Casado, de "dar ás" a un partido de "extrema dereita". "A violencia de xénero é real, é un grave problema que existe en España e a violencia de xénero non se pode tirar pola borda por conseguir un goberno", apuntou Losada.

O delegado chamou a "non pór ao bordo do precipicio" o asunto da violencia de xénero fronte a un partido -Vox- que "quere facer confundir á sociedade de que non existe" a violencia machista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta