O alcalde de Ferrol chama a todos os partidos a evitar a irrupción da ultradereita

Pide facer un exercicio colectivo" para "impedir" democraticamente que Vox obteña representación na cidade, ante a posibilidade de que presente candidatura ás municipais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, instou a todos os partidos políticos da corporación municipal a facer un exercicio colectivo" para "impedir" democraticamente que Vox obteña representación na cidade, ante a posibilidade de que presente candidatura ás municipais de maio, como o fixo en 2015.

Jorge Suárez. EUROPA PRESS - Arquivo
Jorge Suárez. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

"Podemos estar preto de que logre un concelleiro, temos que facer un exercicio colectivo de impedir que entre na corporación por parte de todos os partidos políticos, do BNG e PSdeG non teño ningunha dúbida, pero tamén inclúo a Ciudadanos e PP, que está moi ben que un partido se inscriba como democrático pero o seu ideario recorda a Primo de Rivera ou a Falanxe, é intolerable darlle ás a algo que pode traer consecuencias nefastas para os avances democráticos que tanto custou conseguir", alertou, en entrevista en RNE.

Jorge Suárez móstrase crítico co feito de que o PP ou Ciudadanos —que tamén conta cun edil na corporación ferrolá actual— sexan "capaces de conformar goberno" con Vox, en referencia aos acordos de Andalucía. En 2015, o candidato de Vox en Ferrol fora un exconcejal do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Jar

Tarde piaches!

2 Gamela

Farto de escoitar falar de VOX ! Tamén Jorge Suárez lles fai a campaña? Se presentan 3 listas seguro que calquera poderá sacar un sillón! Ferrol en Común Trillizos == Carlos del Río = Xuntos Actúa // Alexandre Carrodeguas = Marea de Ferrol (CasaComún) // Quen pode explicar en que consiste a Unidade da Esquerda en Galicia ?

1 Yoli Procesiones

Esa proposta é posible e necesaria , pero Jorge Suárez SOBRA nesa proposta ¡¡