Os traballadores do CHUS seguen en loita: "Urxencias dignas xa!"

Coincide coa xornada na que o persoal vota en urna se acepta ou non a última proposta da xerencia de Santiago. O sindicato convocante da folga fixo saber que a protesta seguirá "saia o que saia". Por outra banda, o BNG presentou unha moción para instar á Xunta a facer algo ao respecto das reivindicacións sanitarias que se levan vivindo semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

Arredor de medio centenar de traballadores mobilizáronse este luns diante do Hospital Clínico de Santiago para reivindicar unhas "urxencias dignas". Fixérono con motivo da décima xornada de folga indefinida deste servizo no CHUS.

Protesta de persoal de Urxencias do CHUS.. COMITÉ DE FOLGA
Protesta de persoal de Urxencias do CHUS.. COMITÉ DE FOLGA | Fonte: Europa Press

A protesta deste luns volveuse celebrar baixo o lema 'Por unha sanidade pública de calidade. Urxencias dignas xa'.  Convocada pola Comisión de centro do CHUS, a mobilización partiu ás 12.00 horas da entrada de Urxencias, para logo dirixirse ata a porta principal do hospital.

Esta concentración coincide coa xornada na que o persoal vota en urna se acepta ou non a última proposta da xerencia compostelá -entre as 8,00 e as 16,00 horas-. Tras a votación, ás 17,00 horas teñen prevista unha asemblea de traballadores.

A respecto desta votación, a organización sindical O'Mega, que mantén convocada unha folga de persoal médico de Urxencias do CHUS, manifestou que a mobilización "segue, saia o que a saia" este luns, porque "unha votación en urna non é vinculante para unha folga convocada por un sindicato".

MOCIÓN

Sobre a situación de Urxencias, a portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, presentou unha moción de urxencia para o seu debate en pleno. Pretende instar á Xunta a cumprir a táboa reivindicativa da folga de Urxencias do CHUS "ante o sufrimento de recortes, de falta de persoal e de recursos".

"Toda a poboación da comarca de Santiago asistimos atónita a que pasan as semanas da folga e non se move nada, a pesar das protestas masivas como a da semana pasada, xunto coas queixas diarias e constantes nos centros de saúde", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta