A onda de frío comeza a marchar de Galicia

Verín rexistra a temperatura mínima, con -4,3ºC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Verín rexistrou na mañá deste martes a temperatura mínima de Galicia, con -4,3ºC, nunha xornada na que a provincia de Ourense mantén o aviso por frío.

Onda de frío polar na Península Ibérica. Marta Fernández Xara - Europa Press
Onda de frío polar na Península Ibérica. Marta Fernández Xara - Europa Press | Fonte: Europa Press

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9,30 horas, recollidos por Europa Press, en localidades con altitude menor de 900 metros, ademais de Verín, houbo valores mínimos significativos en Castro Caldelas (-3,4ºC), Xinzo de Limia (-3,3ºC), Calvos de Randín (-2,5ºC) e Leiro (-2,4ºC), todas elas na provincia de Ourense.

Na xornada do luns, na que a provincia de Ourense tamén tivo aviso por frío, as mínimas corresponderon aos municipios ourensáns de Calvos de Randín (-7ºC) e Baltar (-6,5ºC).

Pola súa banda, en concellos con altitude maior de 900 metros, os termómetros descenderon ata os -0,7ºC na Mezquita e -0,3ºC en Vilariño de Conso, ambos na provincia de Ourense.

Mentres, o resto de valores mínimos destacados en localidades de altitude maior de 900 metros foron positivos, como os 0,2ºC na Veiga (Ourense) e os 1,7ºC en Navia de Suarna (Lugo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta