O acusado de convencer con caramelos a unha menor con discapacidade nega o abuso sexual

O acusado non respondeu ás preguntas da Fiscalía e da acusación particular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou este martes un xuízo por agresión sexual no que o acusado negou abusar dunha persoa menor de idade e con discapacidade psíquica e física á que convencía con diñeiro e caramelos para que fose con el a zonas escondidas ou á súa casa, onde supostamente cometía o delito.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

A petición de todas as partes implicadas, a vista desenvolveuse a porta pechada para preservar a identidade da vítima dos abusos, que tamén declarou detrás dun biombo para evitar o contacto visual co seu presunto agresor e acompañada por un psicólogo.

O acusado non respondeu ás preguntas da Fiscalía e da acusación particular e limitouse a contestar as cuestións formuladas pola súa defensa.

Ao termo da vista oral, a fiscala mantivo a súa petición de que o home sexa condenado a nove anos de cárcere como autor dun delito continuado de abuso sexual non consentido con abuso de trastorno mental e penetración e de que se lle impoña a prohibición de aproximación a menos de 100 metros da súa vítima, tanto do seu domicilio como de calquera lugar onde se atope durante dez anos.

Tamén pediu a medida de liberdade vixiada durante cinco anos e que o acusado, que ten unha orde de afastamento da súa vítima, a indemnice con 20.000 euros polos danos morais ocasionados.

A persoa agredida presenta un atraso mental moderado e un grao de discapacidade do 70%. Neste escenario, o xuízo quedou visto para sentenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta