Temas: FERROL UNESCO

Ferrol avanza na súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

Impulsará a creación dun comité de xestión da candidatura de Ferrol-Porto da Ilustración.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), presidiu a primeira das reunións de corte técnico para iniciar contactos con administracións e entidades para crear o comité de xestión da candidatura de Ferrol-Porto da Ilustración a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Participantes na creación da comisión xestora a Patrimonio da Humanidade
Participantes na creación da comisión xestora a Patrimonio da Humanidade | Fonte: Europa Press

No encontro, ademais de Suárez, déronse cita a concelleira de Patrimonio Histórico, Rosa Méndez, así como os responsables do comité de redacción da proposta ferrolá, liderado por Jordi Treserras, Consultor Unesco e vicepresidente de ICOMOS España, ademais de profesor da Universidade de Barcelona.

Esta primeira reunión tivo por obxectivo darlle forma á constitución formal dun comité de xestión, que será o órgano de participación encargado da coordinación das actividades a desenvolver nesta fase final do proceso da candidatura.

Entre outros, asistiron representantes da Armada, da empresa naval publica Navantia, da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, do Vicerreitorado da Universidade da Coruña, así como do veciño Concello de Mugardos.

Cunha presentación audiovisual, os redactores explicaron aos presentes en que se basea dita candidatura, coas achegas individuais, e as observacións e suxestións achegadas durante o proceso de deseño por cada un dos axentes actuantes, ademais de por os titulares do conxunto dos bens promocionados na candidatura.

Temas: FERROL UNESCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Imagino que é uma forma barata de publicidade. E não é que Ferrol e a sua contorna não mereça ser patrimônio da humanidade, outros lugares tenhem menos méritos, pero agora o listão esta demasiado alto.