Temas: DIXITAL RAG

Crecen as consultas ao dicionario da Real Academia Galega

Recibiu case 22 millóns de consultas en 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O dicionario da Real Academia Galega (RAG) recibiu ao longo de 2018 un total de 21.842.744 consultas en liña, cifra que representa unha media de case 60.000 buscas ao día.

A palabra «esmorga», a máis consultada no Diccionario da Real Academia Galega na semana da estrea do filme de Ignacio Vilar en TVE.
A palabra «esmorga», a máis consultada no Diccionario da Real Academia Galega na semana da estrea do filme de Ignacio Vilar en TVE.

Diso informou a institución nun comunicado, no que destaca que as cifras dan conta da consolidación no uso cotián desta ferramenta básica do galego, dispoñible en versión dixital e gratuíta desde 2013, e en constante actualización co apoio da Fundación Barrié.

Segundo os datos da RAG, nos últimos doce meses, sumou 1.339.507 consultas máis que no mesmo período de 2017, o que representa un incremento do 6,5%. O aumento alcanza o 51% en comparación cos 14,4 millóns de procuras de 2014. O número de usuarios tamén creceu en 2018 ata achegarse aos 1,1 millóns.

O dicionario en liña está dispoñible a través do portal web da Real Academia Galega (academia.gal) e do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal), o proxecto de divulgación do léxico da lingua galega que a institución comparte coa Fundación Barrié.

APLICACIÓNS MÓBiLES

ás case 21,9 millóns de procuras rexistradas desde ambas as páxinas, a RAG explicou que se debe engadir o uso realizado a través das aplicacións para dispositivos móbiles iOS e Android, que tamén permite acceder aos xogos interactivos e demais contidos do Portal ds Palabras.

As visualizacións mediante esta vía de acceso tamén creceron desde os case 2 millóns do ano anterior ata situarse por encima das 2.270.500.

Temas: DIXITAL RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta