Temas: FERROL

Feridos leves dous mozos en Ferrol tras ser alcanzadas por balíns disparados desde un edificio

Este incidente tamén causou certo balbordo na zona, que hai anos rexistrou varios incidentes entre distintas familias enfrontadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Dous mozos resultaron feridos leves, un deles na zona das costas, polo que tivo que recibir asistencia sanitaria, tras ser alcanzados con balíns dunha carabina de aire comprimido disparada desde un edificio situado na confluencia da Avenida de Castelao coa rúa Armada Española, no barrio ferrolán de Caranza.

Coche da Policía Municipal
Coche da Policía Municipal

O suceso produciuse sobre as 20,00 horas deste mércores, 16 de xaneiro, tras o que se avisou aos efectivos policiais, tanto a axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaria de Ferrol-Narón, como da Policía Local de Ferrol, que se desprazaron ao lugar do suceso para tratar de identificar ao autor ou autores dos disparos.

Deste xeito, a Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e localizar ao que apertou o gatillo da carabina de aire comprimido. Este incidente tamén causou certo balbordo na zona, que hai anos rexistrou varios incidentes entre distintas familias enfrontadas.

Temas: FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta