Noriega lamenta a "desaparición" do enlace orbital nos PGE E censura a "deslealdade" da Xunta

O alcalde de Santiago confía en que o Executivo central rectifique e inclúa o enlace orbital mentres critica que os fondos para a depuradora da cidade vaian para A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, censurou o "discurso absolutamente desleal" da Xunta, en concreto da Consellería de Infraestruturas que dirixe Ethel Vázquez, logo de que transcendese a súa solicitude ao Goberno central para que os fondos europeos planeados para financiar a nova EDAR da capital galega sexan reasignados a proxectos na Coruña.

O alclade de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa
O alclade de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Noriega, en declaracións aos xornalistas este xoves, saíu ao paso das informacións que apuntan a que os fondos europeos cos que o Estado prevía financiar a súa achega á construción da depuradora de Santiago, finalmente serán reasignados ao saneamento da ría do Burgo, na Coruña.

O rexedor santiagués ha censurado que a petición partise da Xunta, o que encadra nun "discurso absolutamente desleal" que, segundo Noriega, "se non estivésemos en clima preelectoral sería un agravio para a cidade de Santiago". "Está a pedir ao Goberno central que dedique os seus fondos europeos a outros proxectos cando os fondos se poden xustificar ata finais do ano 2023", indicou. "Resulta sorprendente que a Consellería faga unha reunión e pida resasignar fondos que o Goberno central ten para a EDAR de Santiago a outras obras", engadiu.

Neste sentido, subliña que "en todo caso" trátase da achega económica do Goberno central á ampliación da depuradora da Silvouta e que, polo tanto, "se non se financia con fondos europeos vaino a ter que financiar con fondos propios".

LAMENTO POLA "DESAPARICIÓN" DO ENLACE ORBITAL

O alcalde de Santiago, Martiño Noreiga, mostrouse "moi preocupado" polo proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) no que "desaparecen" as partidas para o enlace orbital da capital galega, unha infraestrutura viaria que conectaría o norte da cidade e a súa zona industrial coa AP-9 e a A-54.

En declaracións aos medios este xoves, o rexedor compostelán recoñeceu que existe "unha preocupación importante" por uns PGE que presentan "máis sombras ca luces"  para o concello de Santiago. Considerounos "negativos" para a cidade

"A maiores de que hai un recorte nos investimentos na cidade, o que máis preocupa é a desaparición do proxecto de conectividade da zona norte da cidade, o coñecido como enlace orbital", subliñou o primeiro edil da capital galega, que recordou que o proxecto "xa está" redactado e que figuraba "en exercicios anteriores orzado por 30 millóns de euros".

"Estamos moi preocupados. Consideramos que nese sentido os orzamentos son negativos. Esperamos que se produza un cambio substancial no período que queda de dous meses ata a súa aprobación definitiva", apuntou.

Noriega puntualizou que "a lectura" dos PGE "non se pode facer unicamente" desde o punto de vista "territorial". Así, "en clave social" presenta puntos que ve positivos como a subida do SMI e das pensións. Con todocomo alcalde de Santiago, insiste en que non está "satisfeito" coas asignacións para a cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta