O portavoz de Vox en Andalucía: "A esta desgraciada no creo que nunca la violen ni en grupo"

Xuntos Actúa pídelle á Fiscalía que investigue tuits do portavoz de Vox en Andalucía por un posible delito de odio. Neles critica ás mulleres, os "izquierdosos" e aos inmigrantes. "Desde luego lo que no hai son mujeres liberales que se proclamen putas, brujas o bolleras. Eso está reservado para piojosas de ultraizquierda", di nalgún comunicado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/01/2019 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A organización política galega Xuntos Actúa presentou recentemente un escrito ante a Fiscalía Xeral do Estado no que solicita investigar certos comentarios do portavoz de Vox no Parlamento andaluz, Francisco Serrano, na rede social Twitter por un posible delito de odio. A denuncia chega cando este partido asegura que en Galicia están crecendo por "centos" as afiliacións

Principais dirixentes de Vox, entre eles, Ortega Lara
Principais dirixentes de Vox, entre eles, Ortega Lara

O escrito, presentado ante a Fiscalía Xeral do Estado o pasado 5 de decembro e ampliado o 7 de decembro e ao que tivo acceso Europa Press, pon en coñecemento do Ministerio Público comentarios de dirixentes de Vox, ademais de Serrano, como Santiago Abascal, para que se investiguen por se se consideran que estes 'tuits' fosen constitutivos dun delito de odio e outros delitos que se aprecien do relato dos feitos.

Os feitos relativos ao parlamentario andaluz recollidos no escrito, presentado polo portavoz de Xuntos Actúa, Carlos Armada --ex inscrito en Podemos Galicia--, foron trasladados á Fiscalía Provincial de Sevilla. Xuntos Actúa nace como expresión en Galicia de Actúa, proxecto auspiciado por Baltasar Garzón, Federico Maior Zaragoza ou Cristina Almeida e que lidera a nivel estatal o excoordinador de EU, Gaspar Llamazares.

Así, no primeiro dos escritos presentados ante a Fiscalía Xeral do Estado o pasado mes de decembro, ao que tivo acceso Europa Press, Xuntos Actúa expón un comentario do recentemente elixido parlamentario de VOX en Andalucía en Twitter con data de 6 de setembro de 2017, no que, achegando unha foto dunha muller, sinala "a esta desgraciada no creo que nunca la violen ni en grupo, ni en cuadrilla, ni con alevosía o nocturnidad" e mostraba o seu apoio á dirixente de Ciudadanos Inés Arrimadas despois de que unha usuaria desta rede social desexase que a xefa da oposición no Parlament fora violada "en grupo".

"ODIO"

Para a formación política galega "dicir que a unha muller non a violarán nin en grupo, nin en cuadrilla, nin con aleivosía nin nocturnidade por unha persoa relevante de Vox, está a xerar un elemento de odio dos seus seguidores cara a esta muller". A este respecto, engade que esta postura "é xeneralizada dentro do partido Vox", apuntando o seu programa electoral.

No segundo escrito e ampliación do primeiro, ao que tivo acceso Europa Press, Xuntos Actúa recolle outros 'tuits' de Serrano "susceptibles de ser considerados como exaltación de odio, e xa que logo incluídos nos preceptos contemplados neste delito".

Así, Serrano, que agora é aforado, escribiu o 2 de setembro de 2018 que "la tase de nacimientos de españoles se sitúa en el 1,1%. La tasa mínima para la sustitución generacional es de 2,5, y lo peor es que los musulmanes tiene una tasa del 8,4%. Pero, ante la inmigración masiva fomentada, el índice aumentará, por lo que España dejará de serlo en poco tiempo". 

Igualmente, engádese no escrito outros comentarios como: "Desde luego lo que no hai son mujeres liberales que se proclamen putas, brujas o bolleras. Eso está reservado para piojosas de ultraizquierda"; "el feminismo radical de izquierda lo forman lesbianas violentas y resentidas misándricas que se llevan el dinero público. Y el PP traga" (7 de noviembre de 2015); "cierta chusma quiere prohibir el día del padre. No me extraña porque es bien sabido que son todos unos hijos de puta sin padre conocido" (20 de marzo de 2017); o "en este país ya no caben más gilipollas. Si entra uno más por el Ferrol, se cae otro por Tarifa. Y lo peor es que todos ellos votan".

MENSAXES CONTRA INMIGRANTES E LGTBI

Segundo Xuntos Actúa, "o feito constatado da realidade destas mensaxes dirixidas a un certo sector de simpatizantes (algúns dos cales puidesen ser fanáticos, e uns poucos quizais violentos), sen dúbida fomenta o odio e a violencia contra dous grupos concretos, os inmigrantes musulmáns e os grupos LGTBI, dentro do cal non só está o citado delito de odio, senón tamén e con toda probabilidade, o de inxurias".

Debido á realidade destas mensaxes, "é necesario que a Fiscalía abra unha investigación pola posibilidade de moitas máis mensaxes, moitos deles que se estean producindo no presente por parte destes dirixentes ou outros de Vox, así como os que se puideren producir nun futuro e que poden levar a unha crispación social de enfrontamento entre grupos e posibles agresións racistas, xenófobas e homófobas", advirte a denuncia.

Por todo iso solicita, ábrase proceso de investigación para determinar se existe algún delito, o enumerado de odio ou outros, nos feitos relatados, ou outros derivados ou que puidesen aparecer por mor da investigación, e en caso de ser así iníciese o correspondente procedemento de instrución. Ademais, solicita o interrogatorio dos denunciados.

Cabe recordar que Xuntos Actúa recentemente presentou outro escrito ante a Fiscalía Xeral do Estado para instar a que se inicie o procedemento necesario para ilegalizar á formación de Santiago Abascal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta