O alcalde de Santiago nega que a sentenza sobre as horas extras da Policía Local prexudique ao concello

Asegura que clarifica os decretos de "horas extras".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, negou que as catro sentenzas que apoian que os Policías Locais da cidade non poidan ser obrigados a cubrir horas extras en servizos ordinarios prexudique aos intereses do concello.

Policía Local
Policía Local | Fonte: xornaldevigo.gal

É máis, segundo relatou a preguntas dos xornalistas este venres, defende que incluso "é favorable aos intereses municipais na medida na que reclama que hai que xustificar mellor" os decretos de "horas extras".

Ademais, sostén o argumento de que as sentenzas non son prexudiciais para o concello porque o fallo "denega" que o consistorio deba compensar economicamente aos denunciantes. O alcalde afirma que os mandos da Policía Local teñen esta mesma interpretación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta