O último produto da factoría Villarejo

Transcendeu un novo episodio da serie “negra” escrita polo ex-comisario Villarejo.Nesta ocasión, os protagonistas infectados pola toxicidade do vertedoiro están situados no mundo da gran banca e no territorio da política.Máis concretamente, os nomes máis rechamantes que apareceron corresponden ao que foi, até hai pouco tempo, máximo executivo do BBVA, Francisco González, e a dous antigos responsábeis gobernamentais da equipa de Zapatero (Mª Teresa Fernández de la Vega e Miguel Sebastián).

Por Xesús Veiga | Compostela | 21/01/2019

Comparte esta noticia
A secuencia é coñecida:alguén - F.González- contratou -por un bo puñado de euros- ao comisario para que nas súas horas libres utilizase os recursos públicos aos que tiña acceso para espiar ás persoas que lle permitisen elaborar os informes demandados.Todo perfectamente irregular e presuntamente delitivo.Para o banqueiro González, o fin -neutralizar un suposto plan de control por parte da empresa Sacyr- xustificaba os medios -recorrer ás “cloacas” do Estado nas que se desenvolvía con proverbial soltura Villarejo.
 
Ademais de constatar, máis unha vez, a existencia dun grupo de funcionarios da seguridade do Estado que actuaban á marxe dos procedementos e que non sufrían as consecuencias  penalizadoras por tal comportamento, estas revelacións poñen no escaparate da opinión pública as relacións  promiscuas entre membros do poder político e xerarcas do lobby bancario.Que se o goberno de Zapatero quería marxinar a Francisco González -ao que Aznar tiña promovido, previamente, ao cimo do BBVA-, que se a vicepresidenta Fernández de la Vega pretendía protexer ao todopoderoso Emilio  Botín nos seus preitos xudiciais...A conclusión está servida:quen siga afirmando que o intervencionismo dos gobernantes na vida económica non é propio do sistema económico realmente existente senón que constitúe un vestixio da rancia cultura comunista é un vendedor de mentiras  ou un iluso que cre nas retóricas dos ideólogos desa  autocalificada dereita sen complexos.
 
O que estamos a coñecer sobre a faciana agachada das décadas nas que o PSOE e o PP hexemonizaron as administracións públicas suscita serias dúbidas a respecto da calidade do sistema democrático español.O edificio constitucional está sometido a unha evidente fatiga dos materiais cos que foi  construído e xestionado.Será capaz de  metabolizar os impactos derivados dos produtos que se foron fabricando na factoría mafiosa xestionada por Villarejo?
 

Villarejo
Villarejo | Fonte: moncloa.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.