Villares avisa: a dirección galega é quen fixa a postura de En Marea no Congreso

A directiva acordou o seu "non rotundo" aos PGE se non se incrementan os investimentos en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, proclamou este sábado que, a día de hoxe, a formación mantén un "non" "rotundo" aos Orzamentos Xerais do Estado do Goberno do PSOE e advertiu aos seus cinco representantes no Congreso de que "a posición fíxaa esta dirección". Expuxo que "calquera acto que se aparte" das súas directrices "debilitaría" o partido.

Rolda de prensa en En Marea este sábado
Rolda de prensa en En Marea este sábado | Fonte: Europa Press

Luís Villares remarcouno así en rolda de prensa, na que estivo acompañado da deputada por En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, tras a reunión do Consello e da Coordinadora.

O portavoz de En Marea negou que existan divisións internas e reivindicou que o rexeitamento aos Orzamentos foi adoptado de forma "unánime" este sábado. Trátase dun golpe na mesa de Luís Villares, que asegurou que "quen marca a decisión política do grupo parlamentario é a dirección de En Marea". "Polo tanto, non teño ningunha dúbida de que o grupo parlamentario vai seguir esas directrices", suxeriu, nun chamamento aos deputados a manter a disciplina marcada pola dirección galega que encabeza.

En todo caso, deixou caer, a modo de "reflexión", que "calquera acto que se aparte das directrices marcadas pola dirección debilitaría o conxunto da posición política de En Marea e a aqueles que se separan das directrices da dirección". Animou a seguir esta liña, aínda que iso supoña "efectivamente", como admitiu, que os seus deputados voten diferente do grupo confederal Unidos Podemos no que se integran.

UN "NON" QUE PODE VARIAR

A súa postura foi apoiada por Alexandra Fernández, a única representante de En Marea no Congreso que estivo presente. A deputada sinalou que os PGE do PSOE son "pésimos para Galicia" e un "mazazo para o país", pola perda de peso con respecto ao conxunto do estado e porque se visibiliza que son "continuistas" do PP, sen ningún "modelo de futuro": "Cando termine a Alta Velocidade non hai outro proxecto de país máis que o do sector servizos e a turistificación, pero con modelo de desmantelamento de sectores craves".

Un rexeitamento que Luís Villares explicou facendo referencia á falta de investimentos, ante o descenso do "20% con respecto aos PGE anteriores" e que supón un 38% en relación ao resto do Estado, no que se incrementan un 18%.

No entanto, mantén que este voto en contra pode variar se o Goberno introduce cambios no documento orzamentario e instou ao Partido Socialista a "mover ficha" e a abrir unha canle de negociación "directa" con En Marea, despois de que as conversas ata o momento "non foran frutíferas". Con todo, defendeu a necesidade de "firmeza"" e de "contundencia" nesas negociacións.

O obxectivo será alcanzar un "acordo bilateral", coas medidas incluídas na 'Axenda galega do cambio' de fondo e que fixe, por unha banda, as "liñas vermellas" establecidas para as emendas parciais e, por outro, que se produza antes do debate da totalidade dos orzamentos. "Non podemos dar un cheque en branco para que despois non se cumpran as emendas comprometidas", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Lástima que a única que traballa nesta Marea sexa Kollontai !!! Villares vai de "figura" e sabe moito de botar contas (38%) sabe contar xente (eleccións - consellos - coordinadoras) pero non ten "puta idea" de como SE CONTA COA XENTE !!! https://i.gal/gamela03

1 lóstrego

Vaite pra podemos, españoleto

2 Gamela

Preferiría vivir no Courel (se non che importa!) https://flic.kr/p/6KDzNy

2 Bendito Chiringuito

A Pam de limpa e fina boca, a caste escollida da Yoli, o super demócrata Toné e a senadora de nome e traballo descoñecido non as controla Villares, logo máis humildade. En Podemos faise o que decide a familia monárquico-copular de Pablo Iglesias. E os vasalos galeguiños obedecen, vailles no soldo!

1 lóstrego

Dalles duro Villares e a buscar a confluencia co bloque. Pasa dos españoleiros.