Ferido grave o empregado dunha gasolineira de Ribeira tras un atraco

Dous homes encapuchados disparáronlle cunha arma de fogo. Levaron a cantidade que gardaban na caixa e outros obxectos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O empregado da gasolineira Agro do Forno, situada no municipio de Ribeira (A Coruña), resultou ferido de gravidade ao ser alcanzado por un disparo nun atraco rexistrado na madrugada deste sábado.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, dous homes encapuchados, que chegaron ao lugar en moto, dispararon cunha arma de fogo ao home.

Tras iso, os presuntos atracadores entraron na tenda e fixéronse coa caixa e diferentes obxectos.

Outras fontes precisaron que os primeiros en chegar ao lugar tras os feitos foron os efectivos da Policía Local, que auxiliaron ao empregado que presentaba feridas de gravidade.

A Policía Nacional iniciou unha investigación para dar cos presuntos autores dos feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta