A Xunta prevé obras en máis de 50 centros educativos de aquí ao 2021

A Consellería de Educación estima un investimento de 54,9 millóns de euros nestas actuacións, dos cales preto da metade irán destinados á provincia da Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informou de que ten programas ata 2021 obras nun total de 51 centros educativos das catro provincias galegas, nas que prevé investir un total de 54,9 millóns de euros.

Carmen Pomar, conselleira de Educación. RADIO GALEGA
Carmen Pomar, conselleira de Educación. RADIO GALEGA

Segundo informou o departamento que dirixe Carmen Pomar, a provincia na que prevé executar máis actuacións é a da Coruña, na que actuará en 20 centros distribuídos en nove concellos. En concreto, actuarase en centros da Coruña, Ames, Arteixo, Cabanas, Coirós, Culleredo, A Laracha, Teo, Noida e Vedra. O investimento previsto nesta provincia é de 23,4 millóns.

Así mesmo, na provincia de Pontevedra, a Xunta programa obras en 13 centros educativos da Estrada, As Neves, Caldas, Pontevedra, Salvaterra, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía e Vigo. O orzamento é de 15 millóns de euros.

Pola súa banda, en Lugo, Educación ten previstas actuacións nun total de 10 centros educativos de Chantada, Foz, Láncara, Burela e Lugo, obras ás que destinará 9,4 millóns de euros.

Para rematar, na provincia de Ourense, están programas obras en 8 centros do Barco de Valdeorras, Maside e a propia cidade das Burgas. A estas, a Xunta destinará máis de 7,1 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta