Ultiman os trámites para abrir unha escola infantil pública en Paderne de Allariz

Dos 535.000 que custará o proxecto, a Xunta poñerá o 80% e a Mancomunidade de Ourense o resto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, reuniuse esta semana con representantes da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense para ultimar os trámites para a construción dunha escola infantil pública, integrada na rede de 'Galiña Azul' xestionada pola Xunta, no concello ourensán de Paderne de Allariz.

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, no encontro pecháronse os detalles do convenio de colaboración para a construción do novo centro, que ofrecerá 41 prazas e que servirá "como recurso para a conciliación das familias".

O proxecto, segundo datos da Xunta, suporá un investimento de máis de 535.000 euros, dos cales a Administración galega achegará 410.000 euros, cun 80% de financiamento de Fondos Feder da Unión Europea, mentres que o resto será pagado pola Mancomunidade.

O Goberno autonómico sinalou que "nas próximas semanas" se asinará o convenio de colaboración definitivo, polo que se podería licitar a adxudicación das obras no primeiro trimestre de 2019, co obxectivo de empezar a construción da escola infantil no verán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta