Fortes precipitacións enchouparán o norte de Galicia este domingo

A Aemet sinala que hai 22 provincias en aviso por nevadas, vento ou fenómenos costeiros. No noroeste peninsular, a cota de neve roldará os 1.000 metros

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/01/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Aemet prevé precipitacións en boa parte de España para este domingo. Concretamente, espéranse  choivas no norte de Galicia, o Cantábrico, alto Ebro, Andalucía, o Estreito, Melilla e Baleares. No caso do Cantábrico, poderán ser localmente persistentes e ocasionalmente acompañadas de tormenta. 

Unha xornada con choiva en  Galicia.
Unha xornada con choiva en Galicia.

En total, haberá 22 provincias en aviso por nevadas, vento ou fenómenos costeiros, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). En concreto, por fenómenos costeiros estará en aviso laranxa Melilla e en aviso amarelo Almería, Cádiz, Granada, Ceuta, Alacante, Eivissa, Formentera, Mallorca e Menorca. De feito, na área do Estreito, en Melilla e en Baleares, existe unha lixeira probabilidade de que sexan fortes e acompañadas de tormenta. 

No resto da Península espéranse precipitacións de forma máis débil, dispersa e ocasional, máis probables en sistemas montañosos e tendendo a remitir de oeste a leste. En Canarias, hai posibilidade de choivas máis probables pola tarde nas illas montañosas.

NEVARADAS

A cota de neve situarase no noroeste ao redor dos 1.000/1.200 metros, baixando a 900/1.100 metros. En Pireneos en 800/1.000 metros, baixando a 700/900 metros; no centro 1.000/1.200 metros, baixando a 900/1.000 metros; en serras do sueste 1.400/1.800 metros, baixando a 900/1.200 metros; e en Baleares 1.000/1.400 metros.

Por nevadas, estarán en risco Huesca, Teruel, Cantabria, Guadalaxara, Burgos, León, Palencia, Segovia, Soria, Madrid, Navarra, A Rioxa e Asturias. Ademais, Melilla estará en aviso amarelo por vento.

Ademais, espéranse xeadas débiles ou moderadas en páramos e zonas de montaña do interior norte e sueste, máis intensas en Pireneos. Ademais, o vento soprará de norte e noroeste na Península e Baleares; poñente forte no Estreito e Alborán; compoñente norte en Canarias. As temperaturas diúrnas descenderán na área mediterránea peninsular. Na metade oeste en ascenso e no resto sen cambios importantes. As nocturnas subirán lixeiramente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta