Dúas persoas trasladadas por unha intoxicación nun piso da Coruña

Ao parecer, a acumulación de monóxido de carbono debíase ao mal funcionamento da caldeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios de urxencias tras sufrir unha intoxicación por acumulación de monóxido de carbono no interior da súa vivenda, na Coruña.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse preto das 23,30 horas deste sábado, nun piso situado na rúa Mosteiro de Caaveiro.

Ata o lugar acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias que detectaron altos índices de monóxido de carbono, conforme ás ferramentas utilizadas para este fin.

Os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención dos bombeiros da Coruña, da Policía Local e pasaron o aviso aos voluntarios de Protección Civil.

Tras realizar as comprobacións necesarias, os bombeiros confirmaron que o monóxido de carbono proviña do funcionamento defectuoso da caldeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta