A Xunta ofrece axudas para dixitalizar 115 pemes galegas

Tamén se completaron as innovacións tecnolóxicas en seis espazos naturais de Galicia e catro aulas de natureza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía publicou no Diario Oficial de Galicia a concesión de axudas por 2,8 millóns de euros para apoiar á dixitalización de 115 pemes galegas, que mobilizarán investimentos ao redor dos 7 millóns de euros, e que se poderán solicitar ata o 15 de marzo.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Os proxectos inclúen, entre outros, a posta en marcha dun software específico para franquicias do sector da construción, a xestión integral de subcontratas en empresas de mecanizado industrial ou a mellora da loxística no sector farmacéutico.

En total, a liña de apoios á dixitalización, ao abeiro da Axenda Industria 4.0, apoiou en 2018 un total de 170 empresas, con axudas de 3,8 millóns, que mobilizaron investimentos por valor de 9,3 millóns de euros. Este ano, a través do Igape, a Consellería destinará 5 millóns de euros para proxectos colectivos de dixitalización, cos que se prevé mobilizar máis de 13 millóns de euros.

Ata o próximo 15 de marzo permanecerán abertas as dúas primeiras convocatorias de 2019 dos programas de desenvolvemento dixital. O instrumento de apoio é dobre, por unha banda, o tecido asociativo galego poderá organizar cursos para a xeración de proxectos de dixitalización realizados colectivamente, que serán financiados ao 100%. Por outra, concederanse axudas a empresas para investimentos no ámbito dixital, que poderán cubrir ata o 30% no caso de pequenas compañías e ata o 20% no das medianas.

MEDIO AMBIENTE

Por outra banda, completouse a dixitalización de seis parques en Galicia e catro aulas de natureza. Así, estes espazos dispoñen xa de solucións tecnolóxicas innovadoras para facilitar aos visitantes o acceso a información sobre rutas, servizos, patrimonio, flora ou fauna.

Desta forma, os lugares que contan coa total instalación son o Complexo Dunar de Corrubedo, o Invernadeiro, a Serra da Enciña da Lastra, a Baixa Limia-Serra do Xurés e Monte Aloia, xunto coas catro aulas de natureza que ofrecen información, ademais do Parque Nacional das Illas Atlánticas. En breve, tamén se sumarán a esta iniciatia as Fragas do Eume.

As innovacións facilitan os contidos divulgativos de cada espazo natural, que se poden visualizar a través de videowalls ou pantallas informativas. Ademais, estes contidos serán accesibles desde outras canles como o portal Galicia Natural e Única e a aplicación dos parques.

Esta 'app' permite selar dixitalmente un 'Pasaporte Natural' ao activar a localización do dispositivo móbil cando se visitan estes espazos. A Xunta premiará ás tres persoas que completen o pasaporte dixital, que consistirá nunha experiencia natural a elixir entre as distintas actividades ecoturísticas e aloxamentos en parques naturais de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta