Caen os negocios da industria cae en novembro un 1,7% en Galicia

Con todo, a entrada de pedidos sobe un 9,3%. A nivel nacional as vendas soben un 0,5% e os pedidos dispáranse un 25%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/01/2019 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria baixou en Galicia unha media dun 1,7% no mes de novembro en comparación co mesmo período de 2017 pero a entrada de pedidos do sector subiu un 9,3% en relación ao mesmo mes do exercicio anterior, segundo os datos difundidos este luns polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo
Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Pola súa banda, en canto ao que vai de ano, a media na cifra de negocios da industria incrementouse en Galicia un 7,4%, mentres que a entrada de pedidos no sector ascendeu un 4,6%.

A nivel español, o número de negocios da industria creceu un 0,5% o pasado mes de novembro respecto ao mesmo mes de 2017, mentres que os pedidos disparáronse un 25,1%, o seu maior crecemento da serie, iniciada en 2002, conforme aos datos do INE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta