Temas: O PINO TOURO MINA

Andaina popular contra a desaparición do patrimonio ante o proxecto da mina O Pino-Touro

A “Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non” organizou un percorrido polo “Camiño do Vinte”, unha das áreas que desaparecería coa apertura da mina de cobre proxectada na zona.

Por Galicia Confidencial | O Pino-Touro | 21/01/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Unhas trescentas persoas participaron este pasado domingo día 20 na “Segunda Andaina do Camiño do 20 por un Espazo Libre de Minas”. O percorrido andouse polo camiño que une as parroquias de Loxo e Arca, entre Touro e O Pino respectivamente, coa Carballeira de San Sadurniño en Cebreiro, no Concello do Pino. Tradicionalmente nesta carballeira celebrábase a feira comarcal do día vinte de cada mes.

Participantes na Segunda Andaina Camiño do 20
Participantes na Segunda Andaina Camiño do 20 | Fonte: Plataforma Mina Non

Desde a Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non, sinala que “sobre este camiño histórico pende a ameaza do proxecto mineiro presentado por Cobre San Rafael hai máis dun ano, en agosto de 2017”. O devandito proxeto aínda está en  mtramitación. O temor da Plataforma é que se sae “adiante o dito proxecto mineiro, o “Camiño do vinte” ou “Camiño Real da feira do 20” quedaría engulido e sepultado polas novas instalacións mineiras”. A Plataforma tamén sinala que as obras e posterior explotación da mina “ameazan non só a este elemento patrimonial senón a toda a paisaxe e ao modo de vida dos veciños”.

O percorrido tivo como final unha comida de confraternización nas antigas casas de pedra onde os feirantes celebraban os seus tratos. Desde aí as persoas que se participaron na Andaina reclamaron a paralización do proxecto mineiro. 

Temas: O PINO TOURO MINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta