O Concello de Lugo pedirá fondos europeos para converter o O Garañón en zona verde

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explica que queren "recuperar esa zona para que sexa unha área verde" e poñer en valor a contorna do parque Rosalía de Castro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, insiste nas intencións do goberno local de converter a urbanización do Garañón, paralizada e investigada pola xustiza, nunha zona verde, para o que se recorrerá a Bruxelas e pediranse fondos á Unión Europea.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez

Méndez asegurou que o executivo que preside "ten claro cal é o fin e así o manifestou no seu día, que con esas tres sentenzas xudiciais (que anulan dita edificación) abren un novo escenario". "Quixemos atender á demanda social da cidade de que ese edificio non é ben recibido pola cidadanía", defende.

En resumo, o que se persegue é "recuperar esa zona para que sexa unha zona verde, pondo en valor toda esta contorna do parque Rosalía de Castro, un BIC importantísimo, e que xunto coas costas do parque póidase recuperar todo ese espazo verde para darlle continuidade". "Nas próximas convocatorias de estratexias europeas nós incluiremos actuacións nesa zona para seguir pondo en valor este espazo", abunda.

Así mesmo, están "a expensas" de manter un encontro co promotor, "desde un punto de vista máis técnico", ao que se lle ofrecerá "unha permuta" con terreos municipais co fin de "buscar ese cambio de edificabilidade que ten adquirido o promotor".

"O promotor ten unha edificabilidade adquirida que lle ofreceu o Plan Xeral de Ordenación Municipal do PP, do ano 91, e polo tanto eses dereitos, póidanos gustar ou non, son dereitos adquiridos e o que se trata é de poder chegar a acordos desde o diálogo e cun fin común", esgrimiu.

En canto á demolición, di que é "difícil" falar diso, "porque hai uns procedementos regulados que hai que continuar e seguir". Por iso, conclúe que "non" pode dicir se se producirá antes ou logo das eleccións. "Se estamos en disposición farémolo", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta