Esixen a Baltar que detalle os custos e os logros das súas 68 viaxes "pagadas con fondos públicos"

O grupo socialista presenta no rexistro xeral da Deputación de Ourense 64 preguntas dirixidas a esclarecer eses datos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense, Elvira Lamba, esixiu ao presidente da institución, José Manuel Baltar, que "detalle" os custos reais e os logros concretos para a provincia das súas 68 viaxes efectuadas no que vai de mandato e dos cales, segundo denuncia a formación, oculta tamén a comitiva de acompañantes.

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense | Fonte: depuourense.es

Lama informou diso minutos antes de presentar no rexistro xeral do ente provincial un total de 64 preguntas a través das que pretende que o presidente da Deputación concrete en sesión plenaria a información desas viaxes "sen datos" e "expoña as cifras reais doutros tantos paseos con datos incompletos".

Neste sentido, Elvira Lamba concretou que "os paseos de Baltar ao longo e ancho deste mundo saen nunha salsa", posto que, "soamente entre os anos 2016 e 2017, pagou 132.000 euros públicos en pagar viaxes de propaganda persoal e campaña electoral do PP". Así, denunciou que Baltar "se agocha como un neno pequeno".

"Negouse a informar diso no pleno e na comisión de transparencia. é hora de que informe e dea contas e non se esconda detrás dunha páxina web na que os resultados que están colgados non son reais nin totais. Esperamos que responda no próximo plenario e que o faga oralmente. Non fai nada pola provincia", lamentou.

Como exemplos, Elvira Lamba puxo a viaxe de Manuel Baltar a Uruguai e Arxentina, do que hai "cero datos", así como un desprazamento do presidente provincial a Madrid que "só" custou 59 euros.

Así mesmo, o PSdeG denunciou que "máis da metade das viaxes relatadas pola Deputación de Ourense son secreto oficial" porque, "a pesar do que o goberno provincial do PP asegura reiteradamente, carecen de todo detalle".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Tucho Vázquez

Deixade a Baltar tranquilo, é o último decente que qurda no PPdeG, polo menos ten a mente en Ourense e non en irse a Madrid... como outros.

1 Gamela

algún dos 68 viaxes foi por casualidade a Albania? seica é onde viven os que financian a Vox... pero mentras agardan sentados a que Baltarín responda... poden ir enchendo a enquisa... https://pwc.qualtrics.com/jfe/form/...