Unanimidade do Parlamento para protexer as pemes galegas ante o Brexit e frear o impacto na economía

A Cámara demanda que se inclúa a Galicia no plan estatal de apoio a comarcas mineiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa do PSdeG na que se insta a Xunta a realizar un diagnóstico sobre o impacto do 'Brexit' nas pemes galegas, á vez que se demanda que se informe sobre as medidas e plans de continxencia en función do sector ao que pertenzan.

Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit
Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit | Fonte: Youtube.

Así mesmo, a Cámara pide liñas específicas de colaboración co Goberno de España á hora de desenvolver estas iniciativas.

Neste sentido, o deputado socialista Abel Losada denuncia que o Goberno galego deixa desatendidos a amplos sectores da economía galega que necesitan de apoio ante este novo escenario.

Sobre este extremo, subliña que as exportacións galegas teñen no Reino Unido o seu cuarto mercado máis importante, mentres que recentes estudos alertan dunha "caída do 0,04% do PIB galego" por este motivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta