Os traballadores dos PAC vense como "os grandes esquecidos" do Sergas

Din que lle recordarán a Vázquez Almuíña que eles tamén son traballadres de Atención Primaria e que están soportando unha grande sobrecarga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Os integrantes do colectivo 'PACs en pé de guerra' emitiron este martes un comunicado no que aseguran sentirse "os grandes esquecidos" do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Neste sentido, explicaron que a pasada semana atopáronse coa noticia" de que se chegou un acordo cos xefes de servizo da área de Vigo" para un plan de choque que "descoñecen", aínda que mostraron a súa satisfacción porque "satisfaga as necesidades desa área en concreto". "Aínda que non debemos esquecer que as necesidades son similares en todas as áreas de Galicia", aseguran.

Manifestación Vigo pola atención primaria
Manifestación Vigo pola atención primaria

"Satisfainos ler que se comprometen a consolidar o emprego cunha OPE de 108% das prazas vacantes, aínda que non entendemos porque non se fixo nas anteriores ofertas públicas de emprego de polo menos estes tres últimos anos de recuperación da crise", explicou o colectivo, que confiou en próximas OPEs con creación de novas prazas, nas mesmas condiciones que as existentes na actualidade, e se é posible con prazas suficientes para completar e aumentar os equipos da PAC".

Os traballadores fan referencia á reunión mantida entre os xefes de servizo de Vigo e o conselleiro de Sanidade a pasada semana, na que os dimisionarios pediron que se atendan as peticións da PAC". Ante isto, ao conselleiro "o único que lle preocupou é dicir" que chamaron aos traballadores da PAC "para formar parte dos equipos de traballo do novo modelo".

"Recordarémoslle ao señor conselleiro que, do mesmo xeito que estes xefes de servizo, nós formamos parte da Atención primaria, e que, como os centros de saúde, soportamos unha gran sobrecarga, que abarcamos a atención de varios centros, que a pesar de ser o persoal mínimo necesario para dar unha continuidade á asistencia da poboación, en moitas ocasións traballamos baixo mínimos pola non cobertura de ausencias; e que a miúdo temos que deixar desatendida á poboación para cubrir traslados e atención domiciliaria, criticaron.

Fronte a iso e ás súas reclamacións, tras "case un ano demandando unha mellora nas condicións laborais, o comité de folga, denuncian, "non foi convocado nin unha soa vez nestes case 4 meses de folga, 15 deles indefinida. "Unha vez máis, sentimos ninguneados e esquecidos polo Sergas", criticaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta