Segue o aviso amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense

No mar hberá ondas de icnco a sete metros na costa coruñesa, A Mariña e Costa da Morte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2019 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O aviso amarelo por acumulación de neve manterase este mércores na montaña de Lugo e Ourense nas primeiras horas, así como no litoral galego toda a xornada por ondas de catro a sete metros de altura.

Avisos por neve, vento e ondas en Galicia para o 22 de xaneiro de 2019.. METEOGALICIA
Avisos por neve, vento e ondas en Galicia para o 22 de xaneiro de 2019.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, manterase durante toda a xornada deste mércores a altura de ondas por encima dos cinco metros no litoral norte, con vento forte no litoral e zonas altas.

Así, o aviso por ondas será laranxa toda a xornada por mar combinada do noroeste con ondas de cinco a sete metros no noroeste da costa coruñesa, A Mariña luguesa e Costa da Morte. No caso das Rías Baixas o aviso será amarelo por ondas de catro a cinco metros.

Ademais, por refachos de vento forte superiores aos 80 quilómetros por hora haberá aviso amarelo ata as 15,00 horas na montaña de Lugo e durante toda a xornada na de Ourense. Pola súa banda, o aviso amarelo por acumulacións de neve de máis de cinco centímetros permanecerá ata as 6,00 horas deste mércores na montaña ourensá e luguesa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta