Un buque accidentado en Viveiro conseguiu ser remolcado a porto

A embarcación quedou sen motores polo forte vento. Un remolcador conseguiu enganchalo. A alcaldesa de Viveiro confirma que a tripulación "está fora de perigo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2019 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O buque 'Muros', que estaba fondeado en Viveiro (Lugo) onde era arrastrado polo vento e sen motores, foi enganchado por un remolcador que procedeu a remolcalo ata o porto lucense de Celeiro.

Dispositivo de Salvamento
Dispositivo de Salvamento | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO

Así o confirmou o 112 Galicia, que asegurou que a situación do buque "xa está controlada" tras ser enganchando o barco polo remolcador enviado á zona. Segundo concretou o servizo de urxencias, "arrincou motores" e están camiño do porto de Celeiro, en Viveiro.

A sala de Gardacostas de Galicia activara á primeira hora da mañá deste mércores o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia en fase de alerta (Plan Camgal) ante a posibilidade de que o buque, que se atopaba no fondeadero de Viveiro (Lugo) fora da bocana da ría, puidera chocar contra unha zona rochosa.

Na zona de Viveiro estanse rexistrando refaixas de vento de case 100 quilómetros por hora durante as primeiras horas da mañá o que complica as tarefas de rescate do buque. A embarcación estaba garreando --ir cara atrás arrastrando a áncora-- coa forza do vento e non arrincaban os seus motores. Na costa da Mariña hai aviso laranxa por ondas de cinco a sete metros de altura.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos logo das 7,30 horas deste mércores a través de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que achegou ata a zona un remolcador e mantén en alerta ao helicóptero 'Pesca 2' por se fose preciso evacuar á tripulación do buque, composta por nove persoas.

"FÓRA DE PERIGO"

Pola súa banda, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, confirmou que están "fóra de perigo" os nove tripulantes do buque . Ademais, recoñeceu que foi un "gran susto", o que levaron na mañá deste mércores cando se comezaron a advertir os problemas desta embarcación con base en Muros.

O barco leva nove tripulantes, "non ía cargado", puntualizou a rexedora, e só levaba combustible. María Loureiro admitiu que, sobre todo, estaban "preocupados" polos tripulantes. No entanto, constatou que agora "están a salvo" e, xa que logo, "fóra de perigo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta