A Xunta quere competir con Andalucía en atraer turistas para a Semana Santa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, di que esta festa "gaña esplendor" en Galicia e destaca que hai que "manter e reforzar" o compromiso da Xunta coa "tradición e a cultura".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/01/2019 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada de representantes dos concellos nos que a Semana Santa ten recoñecemento de interese turístico, e por membros das propias celebracións, destacou este xoves en Fitur o "crecente atractivo" desta celebración en Galicia.

Semana Santa de Cangas
Semana Santa de Cangas

Así, durante a presentación, fixo fincapé en que Galicia chega este ano a Fitur co maior número de festividades deste tipo declaradas coa máxima distinción. Como indicou Nava Castro, as celebracións galegas de Semana Santa "gañan en esplendor" ano tras ano e, mantendo a súa esencia para a conmemoración de diferentes ritos e tradicións, están a converterse tamén en "un impulso para o sector turístico galego".

"Como administración pública temos o deber e tamén a honra de manter e reforzar o noso compromiso coa tradición e coa cultura que compartimos", subliñou. A día de hoxe, Galicia conta xa con dúas festas recoñecidas coa máxima distinción que se pode conseguir no campo turístico. As de Ferrol e Viveiro son de Interese Turístico Internacional, mentres que outras seis son de Interese Turístico de Galicia: Betanzos, Cangas, o Santísimo Cristo de Fisterra, Mondoñedo, Paradela e Santiago de Compostela, que o conseguiu o pasado ano.

Tamén outras localidades avanzan neste proceso, como é o caso da Semana Santa de Lugo, á que o último Consello de Turismo deu o visto e prace, como paso previo para ser elevado a Consello da Xunta, órgano responsable da declaración definitiva.

Neste ano 2019, a Semana Santa galega terá tamén un importante peso turístico. A Consellería de Cultura apoia ás festas dedicando ao completo unha das 11 liñas da Estratexia de turismo de Galicia 2020 para potenciar os valores que fan diferente o destino, onde se inclúe o coidado do enfoque turístico das celebracións. As que están declaradas de interese turístico reciben, ademais, un apoio económico por parte da Administración autonómica para colaborar na súa difusión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

E o bonitas que van as mozas en minifalda begra, taconazo, e mantilla española? Martirio non sabe o que é bo! Almodóvar, vén facer unha pinícola!!!

2 Luis Ferrolán do Pisco

Moi ben ,,, os alcades tiñam que ser intelixentes e entender que nas Españas atá os ateos son creèntes, aínda que o crenza no tiña n'este caso importanza ninguha , Os alcaldes deben irse de xeito obrigatorio ataviados con arreglo a cerimonia e con bastón de mando como corresponde as primeras autoridades , se a procesión e en porto de mar as Santas Imaxes deben ser escoltadas por xente da Armada , se e no interior deben se escotados po la Garda Civil co traxe de grande gala , e en todos os casos portando a arma a funerala.

1 PriscilianistaFever

Tradicións galegas? Dame a risa. E sempre lembro as cariñas dos devotos cando chove (cousa rara en Galiza! ) e non poden marchar marcialmente escoltados pola garda civil... Non é casualidade que onde máis españolismo e exército hai en Galiza máis destas procesións se fan. E quen pense que o Xacobeo é turismo e prosperidade que pense dúas veces e que vexa o significado españolizador e proselitista nacionalcatólico do "Camino". Xa non saben cantos máis inventar (todos os anos "aparece" un novo...). Con razón o Frijol bate coas orellas diante da Igrexa...