Feijóo vincula os novos medios dixitais coas mareas, Podemos, Vox ou Ciudadanos

“As forzas que cuestionan, por elitista, ao xornalismo tradicional, son as mesmas que poñen en solfa a democracia representativa", asegura. Di de La Voz de Galicia que “é a voz da maioría dos galegos”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/01/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deixou claro a súa posición con respecto aos grandes grupos mediaticos tradicionais, sobre todo, aqueles que teñen cabeceira en papel. "Estorbamos a aqueles que substitúen a política polo mero activismo e a comunicación pola area", dixo en alusión á aparicion de medios nativos dixitais que compiten, e mesmo superan xa en audiencia, aos grandes medios tradicionais.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Durante a entrega do premio Diego Bernal a José Luis Vilela, director de La Voz de Galicia, Feijóo destacou que este medio de comunicación é "a voz da maioría dos galegos". "Dos da Galicia urbana e dos da rural, dos da costa e dos do interior, dos que prefiren a edición web e dos que seguen almorzando cada mañá co diario en papel", resaltou, sen deixar de referirse tamén ás 13 edicións coas que conta o xornal galego e que demostran que hai unha vocación por chegar ao "último" lugar da comunidade.

Con todo, durante o acto, Feijóo vinculou a aparición de novos medios de comunicación, sobre todo nativos dixitais, con forzas políticas rupturistas, populistas ou ultras. Así, lamentou que as forzas que cuestionan, "por elitista", ao xornalismo tradicional, son as mesmas que "poñen en solfa a democracia representativa".

"Estorbamos a aqueles que substitúen a política polo mero activismo e a comunicación pola area", aseverou, puntualizando que a realidade demostra que tanto a política como a comunicación dos que loitan contra as fórmulas tradicionais acaba sendo "piramidal, hermética e fratricida".

Feijóo incidiu así en que as sociedades confusas xorden cando están "orfas de medios de comunicación" que lles acheguen criterios que eviten esa "outra inflación, que é a inflación de datos inconexos". "Darlle de costas ao pensamento diferente para enclaustrarse no pensamento único leva a sociedades fragmentadas", concluíu.

Unhas palabras que coinciden plenamente coa política de medios do Goberno galego que destina millóns de euros a manter eses grandes grupos mediaticos tradicionais, algúns deles, con grandes perdas e con procesos de despido de traballadores, como é a propia Voz de Galicia. Uns despidos e reconversións das que o presidente galego non quere falar, a pesar de pronunciarse polos EREs e despidos de Alcoa, Ferroatlántica, Vulcano ou Meirama, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 galegoexiliado

“As forzas comunistas que cuestionan, por elitista, a Prensa del Movimiento, son as mesmas que poñen en solfa a democracia orgánica". Como decía o caudillo de españa por la gracia de dios: "Todo obedece a una conspiración masónica izquierdista en la clase política en contubernio con la subversión comunista-terrorista en lo social, que si a nosotros nos honra, a ellos les envilece".

3 Bostaman

A Coz de Malicia é a voz do seu señor!

2 Sentidiño

《Os medios dixitais son os das mareas, podemos, vox, e ciudadanos, ou sexa, todo menos o pp. Os analfabetos dixitais saben moi ben a quen votar》 (Alberto Núñez Feijóo, intelectual).

1 lóstrego

Frijolito aplica moi ben o catecismo do fascismo.